Pascual Maragall anunciou onte a súa renuncia a presentarse de novo á Presidencia da Generalitat. Previsiblemente o seu sustituto será José Montilla, primeiro secretario do PSC e ata o de agora Ministro de Industria.
Maragall moveu ficha resolvendo así a incógnita sobre o candidato do PSC nos vindeiros comicios autonómicos, que terán lugar no mes de outubro.
Pasará á historia como o alcalde dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, transformador do urbanismo da capital catalana, e como o Presidente do novo “Estatut” de Catalunya. Sabe retirarse a tempo despois de ter vencido en seis convocatorias electorais, catro municipais e dúas autonómicas, se ben neste último caso, obtivo máis votos pero non foi o que máis escaños conseguiu. Cadaquén debuxa o seu perfil poñendo o acento onde o considera máis convinte.
Maragall, xenio e figura, desconcertante por momentos, ten contribuido moito máis do que poidamos pensar á ver España como unha realidade complexa, diversa e plural onde facer compatible diferentes sentimentos de pertenza e identidade, coa solidariedade e co desenvolvemento económico.
Ábrese pois unha nova etapa, onde o socialismo catalán ten o reto de facer posible a verdadeira transición pendente en Catalunya, o paso de gobernos maioritariamente compostos por unha elite burguesa e centenaria dentro da sociedade catalana, a outros gobernos máis plurais, na procedencia social e na orixe; é dicir, onde os nados en paises como Senegal, Marrocos, Arxentina, Ghana, ou en cidades e pobos como Monforte, Iznájar, Don Benito, ou Carnota teñan no goberno da Generalitat o peso que xa teñen hoxe na sociedade catalana.
Noraboa a Maragall e Noraboa ó PSC!!



Chewing-gum escribiu:
Pois coidado co exemplo catalán. Se facemos un estatuto seguindo o modelo de Cataluña se cadra tamén cando o rematemos cambiamos ao candidato do PSdeG.
Enrique Castro escribiu:
Enhoraboa polo teu post Xosé Manuel. En calquer caso, a persoa que sexa o candidato/a do PSC será elexido/a democráticamente. ( Isto o digo polos “trolls” que invaden incluso a tua bitácora ) Eu tamén aposto por Montilla, sería unha aposta extratéxica.
Unha aperta.
Chewing-gum escribiu:
Eeeee, que eu só estaba facendo un chiste. Madialeva! xa non se pode bromear sen que te chamen troll. Canto oficialista!
Luis Valcarce escribiu:
Parecemos gnomos con esto de los trolls.
No estoy de acuerdo con las teorías lagistas de “los nacidos en”. Creo que hay que desterrar conceptos como “catalán de toda la vida” pero para ello no hay que contraponer a los “nacidos en”. Me recuerda a las teorías de Lavrenti Beria (con el abismo ideológico entre Lage y Beria) sobre los rusos y los no rusos en la URSS. Mi opinión personal -pero transferible- es que hay que referirse a ciudadanos, con independencia de dónde sean. Todos somos ciudadanos aunque hayamos nacido en la casa de Cristo. Aunque Lage -espero- querría tirar por esta vía, su exposición recuerda más a sustituir parte de la representación de los “autóctonos” por los “foráneos”. Me parece un discurso que no supera la concepción de nacionalidad, regionalidad o comarcalidad y eso no es bueno.