Maragall

 Maragall

Pascual Maragall anunciou onte a súa renuncia a presentarse de novo á Presidencia da Generalitat. Previsiblemente o seu sustituto será José Montilla, primeiro secretario do PSC e ata o de agora Ministro de Industria.

Maragall moveu ficha resolvendo así a incógnita sobre o candidato do PSC nos vindeiros comicios autonómicos, que terán lugar no mes de outubro.

Pasará á historia como o alcalde dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, transformador do urbanismo da capital catalana, e como o Presidente do novo “Estatut” de Catalunya. Sabe retirarse a tempo despois de ter vencido en seis convocatorias electorais, catro municipais e dúas autonómicas, se ben neste último caso, obtivo máis votos pero non foi o que máis escaños conseguiu. Cadaquén debuxa o seu perfil poñendo o acento onde o considera máis convinte.

Maragall, xenio e figura, desconcertante por momentos, ten contribuido moito máis do que poidamos pensar á ver España como unha realidade complexa, diversa e plural onde facer compatible diferentes sentimentos de pertenza e identidade, coa solidariedade e co desenvolvemento económico.

Ábrese pois unha nova etapa, onde o socialismo catalán ten o reto de facer posible a verdadeira transición pendente en Catalunya, o paso de gobernos maioritariamente compostos por unha elite burguesa e centenaria dentro da sociedade catalana, a outros gobernos máis plurais, na procedencia social e na orixe; é dicir, onde os nados en paises como Senegal, Marrocos, Arxentina, Ghana,  ou en cidades e pobos como Monforte, Iznájar, Don Benito,  ou Carnota teñan no goberno da Generalitat o peso que xa teñen hoxe na sociedade catalana.

Noraboa a Maragall e Noraboa ó PSC!!

 



4 comentarios para “Maragall”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>