Máis kilos de propaganda e publicidade

Cando en Galicia falamos de incendios sempre aparece a divina providencia en forma de choiva e salvanos da queima(mellor así por suposto) a pesares dos milleiros de euros que o goberno Fraga leva adicados a extinción de incendios forestais no noso país.

Cada ano incrementanse os recursos para a extinción e cada ano medran o número de incendios que se producen, e tamén cada ano que pasa medra a cantidade de kilos de papel adicados a decirnos a todolos galegos e galegas o ben que estamos en materia de extinción de incendios, os métodos tan eficaces dos que dispoñemos e incluso se nos conta que somos a vangarda….. e non é para menos ….xa que en poucos anos se multiplicaron as cuadrillas de extinción de incendios e tal como se multiplican xurde o fenómeno de los panes y peces ….e tatachín…. máis persoal, máis cuadrillas, máis de todo e … ano tras ano máis incendios, … exacto: A VANGARDA…. non se sabe de qué pero seguro que VANGARDA Somos.

Ousexa que a seguir coa publicidade e a propaganda, que a realidade é ben distinta e non a cambian nin os mellores profesionais do marketing

Saúde, que xa queda menos



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>