As continuas contradiccións de Alberto Núñez Feijóo diante dos procesos de reforma estatutaria en Galicia e noutras comunidades autónomas xa non só é criticado polas forzas políticas que conforman o goberno galego, tamén no entorno do PP recibe críticas.
A última a de Federico Jiménez Losantos, na COPE e en Libertad Digital, diario dixital do que é propietario o locutor de radio.
Feijóo está sendo cuestionado polos sectores máis galeguistas do PPdeG pola súa oposición á reforma do Estatuto de autonomía e pola falta de altura política para dotar a Galicia dun Estatuto que permita mellorar o autogoberno.
Agora tamén é criticado por aqueles que desde posicións reaccionarias e de dereita extrema alimentan e axudan ó PP, caso de Jiménez Losantos que incluso pide a demisión do presidente do PPdeG.
As eleccións municipais marcarán o futuro de Núñez Feijóo á fronte do Partido Popular. Pintan bastos.

