`
Onte ás 12h da mañá celebrouse no Palacio de María Pita, a sesión plenaria na que resulto elexido alcalde da Coruña, Javier Losada de Aspiazu, e á que tiven a honra de poder asistir como convidado.
Foi un momento moi emocionante. Javier Losada, compañeiro e amigo, convertíase en alcalde da cidade que viveu unha espectacular transformación nos últimos 24 anos, da man de Francisco Vázquez. Noraboa, Javier
Vázquez será recoñecido co paso do tempo como unha figura política irrepetible, sen o cal non se poderá explicar a historia desta cidade, liberal, innovadora e aberta ó mundo. A cidade onde ninguén é forasteiro.
O novo alcalde recolle o testigo e na súa toma de posesión fixo un discurso impregnado de valores, sentimentos e proxectos para que A Coruña siga sendo un referente para o resto das cidades de Galicia e de España.
Os novos reto da Coruña, máis política social, máis emprego, máis educación e innovación, seguir abrindo a cidade ó mar….etc
Quédome coas palabras pronunciadas por Javier Losada:” Síntome galego polos catro costados, e por iso sinto e quero a España. Amo a Galicia e para ela traballo e dedico toda a miña acción política defendendo os intereses de Coruña, porque así defendo e traballo por unha Galicia máis próspera e cohesionada.
Pero sobre todo, síntome cidadán do mundo, porque como socialista non teño máis patria nin máis fronteiras que as da pobreza e a desigualdade”
Teremos un bo alcalde, que ademais conta cun magnífico equipo.

