O pasado fin de semana(2 e 3 de abril) elixiuse unha nova dirección da organización xuvenil do PSdeG-PSOE, despois de que fose aprobado o informe de xestión da anterior dirección, encabezada por Alfredo Rodríguez, que obtivo unha calurosa despedida neste cónclave. Baixo o lema, A nova Galicia nas túas mans as mozos e mozas socialistas mantivemos un fructífero congreso nacional onde apostamos polo Cambio en Galicia.
Con máis do 70% do apoio congresual, a compañeira e amiga Loli Rodríguez xunto ó conxunto da Executiva Nacional foron elexidos para dirixir a organización nos vindeiros anos, e xusto nun momento trascendental para Galicia e para a mocidade.
Un cambio que virá da man do PSdeG-PSOE con Emilio Pérez Touriño como candidato á presidencia da Xunta de Galicia. O xefe de filas do socialismo galego comprometeuse diante das mocidades do partido a facer unha alianza interxeneracional para determinar o cambio político no noso país, comprometeuse a contar coa mocidade nesa nova etapa que se abrirá en Galicia a partires de outubro, e nesa tese tamén coincidiu a nova Secretaria Xeral das XSG, Loli Rodríguez, apelando á necesaria implicación da mocidade como motor, como locomotora da alternativa política que terá que transformar e modernizar Galicia nos vindeiros anos.
Paco Vázquez, que asistiu á sesión da clausura, aproveitou para suliñar a diferencia entre os modelos políticos que propugnan tanto a dereita como o nacionalismo para Galicia, en contraposición co modelo que temos os socialistas, para o que puxo como exemplo as políticas públicas que desenvolve o PSdeG-PSOE no concello da Coruña.
Vázquez centrou o seu discurso na ideoloxía, nun modelo como o da Coruña, que permitiu nos últimos vinte anos a transformación e modernización dunha cidade que estaba atravesando a comezos dos oitenta por un mal momento.
E ademais preguntouse retóricamente, ¿Cómo se atreve o PP, … despois de 16 anos de goberno, os últimos 8 con goberno no Estado, nas catro deputacións e en moitos concellos, como pode agora decir que hai que facer, que hai que reclamar, … entón que fixeron durante todo este tempo?(Coincido plenamente con esta pregunta e imaxino que moitos milleiros de mozas e mozos en Galicia tamén pensarán algo similar)
Touriño coincidiu con esta mensaxe e expuso a necesidade de modernización, con inversión en educación, en formación, en investigación e non precisamente converténdonos nun país de salarios baixos, a competitividade non pode vir por aí, ten que vir pola educación e pola innovación.
APOIO DO PARTIDO E DA SOCIEDADE CIVIL
As mocidades socialistas obtiveron o apoio durante este Congreso Nacional de diferentes líderes políticos e sociais. Por alí pasaron dende o Secretario Xeral da UGT-Galicia, Suso Mosquera ata o Rector da Universidade da Coruña, José María Barja, ou o deputado estatal e secretario de JSE, Herick Campos.
Numerosos representantes de entidades estudiantís,culturais, xuvenís, ecoloxistas, pacifistas, movementos veciñais e sindicais deronse cita no Hotel Riazor onde as XSG celebamos o XIIº Congreso Nacional.
Tamén estiveron Javier Losada e Florencio Cardador, secretarios local e comarcal da Coruña,o Secretario de Organización, Ricardo Varela, o Presidente do Grupo Parlamentario, Ismael Rego, o Secretario de Política Institucional, Antón Louro,o ex-rector da USC, Carlos Pajares, o Sec. de Acción Rural, Juan José Quintáns, os deputados autonómicos, Tuco Cerviño, Natividad González, a deputada estatal, Carmen Marón, o director provincial do INEM, José Manuel Pose e o Secretario Comarcal da UGT da Coruña, Pepe Carrillo. Antigos militantes das XSG como o Presidente da Deputación coruñesa, Salvador Fdez Moreda, o deputado provincial, José Nogueira, a Concelleira de Infraestructuras do Concello da Coruña, Mar Barcón, o secretario comarcal do Barbanza, Blas García ou o ex-secretario xeral Juan Fco. Froján; tamén estivo o Senador lucense, Luis Ángel Lago Lage, e quen no puido asistir foi José Blanco, que nos fixo chegar un fraternal saúdo á nosa organización e tamén á nova dirección.
A tarefa non é pequena, o apoio inmenso, tanto do Partido como da sociedade civil, e algo do que máis seguro me sinto é que nin a nova secretaria xeral nin o seu equipo defraudarán a confianza que depositamos neles.
Loli adiante, fagamos o cambio en Galicia, fagamos que se abran as portas e as fiestras e que entre aire fresco,para construir unha Galicia Moderna e chea de esperanza.

