Lei de Pesca, un compromiso co sector pesqueiro

Comezamos no parlamento a tramitar o proxecto de Lei de Pesca de Galicia. É o resultado dun longo proceso de participación social na elaboración desta normativa básica de ordenación do sector pesqueiro galego e que rematará cun feixe de leis vixentes ata o de agora.

Trátase de simplificar a burocracia existente, dotar de novos e mellores mecanismos de xestión dos recursos pesqueiros ós traballadores do mar e ás empresas do sector.

O proxecto de lei é o resultado dun compromiso co sector pesqueiro que se plasmou no noso programa electoral e tamén no programa de goberno acordado cos socios nacionalistas.

Sería bó que o Partido Popular abandonase a súa posición “tremendista” e achegase propostas para buscar un acordo no parlamento que posibilitase un amplo acordo beneficioso para o sector pesqueiro galego. Sería unha sorpresa agradable que os responsables do PP mudaran a súa política de confrontación e algarabía por outra constructiva á par que crítica como corresponde a calquera grupo de oposición.

A nova lei recolle as reivindicacións históricas que o sector pesqueiro galego viña demandando dende fai máis de 10 anos. É unha lei feita escoitando a moitos colectivos e organizacións, xustamente o contrario do que sucedeu coa actual lei de pesca aprobada no ano 1993 con maioría absoluta do PP. Daquela fíxose de costas ós problemas do sector e sin darlle participación na súa elaboración.

A lei contempla unha clara aposta de futuro onde a investigación ten un peso fundamental, así como a promoción de novas fórmulas de xestión nas zonas costeiras gallegas, na liña dos obxetivos do Fondo Europeo de Pesca, ou a promoción da loita eficaz contra a pesca ilegal.

Este proxecto normativo fuxe do intervencionismo, aposta pola cooperación entre as agrupacións de profesionais e a administración e elimina inxustas discriminacións que existían na normativa de 1993 aprobada coa maioría absoluta do PP.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>