
O proxecto de lei coñecido como o da Memoria Histórica superou o primeiro trámite parlamentario ó rexeitar o Congreso dos Deputados as emendas á totalidade formuladas polo PP, IU e ERC.
coñecido como o da Memoria Histórica superou o primeiro trámite parlamentario ó rexeitar o Congreso dos Deputados as emendas á totalidade formuladas polo PP, IU e ERC.
Queda un longo trámite na Comisión Constitucional do Congreso para que o proxecto presentado polo goberno socialista que preside Zapatero poida convertirse nun texto legal.
Dos máis de 30 mil desaparecidos en España entre os anos 1936 e 1948, menos dun milleiro de corpos foron recuperados.
A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, ARMH, vén destacando, dende fai tempo, que Chile ou Arxentina son exemplo de países onde coa volta á democracia se abriu a investigación sobre ese tipo de feitos.
En España optouse por facer un pacto constitucional que daquela non priorizou a apertura de investigacións sobre a desaparición, asesinato ou tortura de moitos cidadáns do noso Estado.
É certo que España foi e sigue a ser un exemplo no que se refire ó proceso de transición á democracia despois de 40 anos de réxime franquista, o que non debe impedir que pasados case 30 anos dende a aprobación da constitución, se permita a reparación moral e se faga xustiza, xa que debemos recordar que no ano 1936 existía unha legalidade vixente que foi alterada por un golpe de estado e pola instauración dun réxime autoritario e dictatorial.
É hora de dar respostas, non de facer revisionismo, a historia está aí e é historia. Esto non me impide recordar que en España o principal partido da oposición, o PP, segue aínda sen condear o golpe de estado de xullo de 1936 contra un goberno lexítimo e elexido democráticamente polos cidadáns.


Marcos escribiu:
¿Cando Francisco Franco deixará de ser fillo predilectísimo da cidade da Coruña? A cidade está gobernada polo PSOE desde hai máis de 20 anos. ¿Seica non houbo tempo a facelo?
mªcarmen escribiu:
despois de 30 ANOS xae hora de que cadA CAL ESTE NO SEO SITIO POES TEÑEN QUE PAGAR POLO QUE FIXERON
Modesto Fraga escribiu:
Noraboa por este post tan necesario e, á vez, que aporta un pouco de luz a un episodio que aínda debemos pechar recuperando a dignidade dos homes e mulleres que morreron por defender causas tan xustas como a liberdade e a democracia. O noso deber non é outro que contribuir a esa dignificación con todos os medios ao nosos alcance. A aprobación da Lei da Memoria Histórica é, indiscutiblemente, un paso adiante no camiño pero agora tócanos a nós, á sociedade democrática, continuar o labor con actos de desagravio en todo o país.
Aproveito para comunicar aos lectores desta bitácora que en Fisterra estamos procurando que o concello (en mans do PP) acepte unha iniciativa da “Comisión de Homenaxe a Cipriano Fernández” para honrar a este ex-alcalde republicano “paseado” polos fascistas en 1936.
Se alguén ten interese pode sumarse á nosa solicitude asinando na web: www.modestofraga.com no epígrafe “Asina por Cipriano Fernández Brage”.
Moitas grazas pola información e desculpa que utilizase este meritoio espazo para a reivindicación dunha vítima da barbarie franquista.
Un saúdo,
Modesto Fraga
da “Comisión de Homenaxe a Cipriano Fernández”
lage escribiu:
Moitas grazas polo teu traballo, Modesto… pola túa entrega e por loitar contra o esquecemento.
Este espazo é tamén o teu espazo.
Saúdos
Marcos escribiu:
Pois nada, Lage, grazas por non interesarte polo que acontece nunha cidade gobernada polo teu partido.