Lei da Memoria Histórica

 

memoria histórica

 

 O proxecto de lei coñecido como o da Memoria Histórica superou o primeiro trámite parlamentario ó rexeitar o Congreso dos Deputados as emendas á totalidade formuladas polo PP, IU e ERC.

 coñecido como o da Memoria Histórica superou o primeiro trámite parlamentario ó rexeitar o Congreso dos Deputados as emendas á totalidade formuladas polo PP, IU e ERC.

Queda un longo trámite na Comisión Constitucional do Congreso para que o proxecto presentado polo goberno socialista que preside Zapatero poida convertirse nun texto legal.

Dos máis de 30 mil desaparecidos en España entre os anos 1936 e 1948, menos dun milleiro de corpos foron recuperados.

A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, ARMH, vén destacando, dende fai tempo, que Chile ou Arxentina son exemplo de países onde coa volta á democracia se abriu a investigación sobre ese tipo de feitos.

En España optouse por facer un pacto constitucional que daquela non priorizou a apertura de investigacións sobre a desaparición, asesinato ou tortura de moitos cidadáns do noso Estado.

É certo que España foi e sigue a ser un exemplo no que se refire ó proceso de transición á democracia despois de 40 anos de réxime franquista, o que non debe impedir que pasados case 30 anos dende a aprobación da constitución, se permita a reparación moral e se faga xustiza, xa que debemos recordar que no ano 1936 existía unha legalidade vixente que foi alterada por un golpe de estado e pola instauración dun réxime autoritario e dictatorial.

É hora de dar respostas, non de facer revisionismo, a historia está aí e é historia. Esto non me impide recordar que en España o principal partido da oposición, o PP, segue aínda sen condear o golpe de estado de xullo de  1936 contra un goberno lexítimo e elexido democráticamente polos cidadáns.



5 comentarios para “Lei da Memoria Histórica”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>