Gústame moito a sección “la cara b” que lidera Nacho Mirás en La Voz de Galicia. Creo que é capaz de quitarlle punta a un simple xesto ou comentario do entrevistado, que despois fai de fío conductor para desenvolver este encontro entre xornalista e máis entrevistado.
Este luns obsequiounos coa cara b de Javier Losada, alcalde da Coruña. Creo que tendes nesta entrevista unha boa oportunidade de coñecer un pouco máis de preto ó recentemente elexido alcalde coruñés, e que se todo vai ben será refrendado polas urnas o vintesete de maio do vindeiro ano.


