Este vídeo é un dos moitos pasos no camiño do amigo Iván Puentes cara a alcaldía de Fene (A Coruña), tal e como sinala Blas García.
Despois de moitos anos de maioría nacionalista, os veciños e veciñas do concello fenés terán a oportunidade o vindeiro 27 de maio de cambiar ós seus gobernantes. Terán que optar por continuar co actual goberno do BNG, carente dun proxecto de futuro, ou apostar pola alternativa do PSdeG-PSOE.
Iván representa a renovación, a ilusión, o traballo e a capacidade para facer de Fene un concello de referencia en Ferrolterra. Estou seguro de que Iván vai a ser un gran alcalde de Fene.


Xulia escribiu:
Desexo a mellor das sortes ao candidato
Mais sinceramente non vexo claro onde vamos. Parece que non pintamos nada en ningures. O PSOE no Congreso vota en contra da reactivacion de Astano, Izar ou Navantia (os de Fene xa se perderon con tantos bautizos).
Non podo creelo. O Presidente da Xunta pedindo en Madrid unha solucion e Madrid di que TARARI…….
Sinto decilo, pero estou decepcionada. ¿ Como vamos pedilo o voto para Ivan ou para Vicente? Imposible, os feitos demostran que non pintamos moito
anonimo escribiu:
En el título faltará un interrogante ¿no?
r escribiu:
“o BNG, carente dun proxecto de futuro, ou apostar pola alternativa do PSdeG-PSOE”
Todo sexa polo partido? Vaia momento para soltar iso
lantania » Outsiders (III) escribiu:
[…] Especialmente se como di, o tamén compañeiro do blogomillo, Lage, Iván representa o futuro e non o pasado sen futuro do BNG de Fene. […]
Enrique Castro escribiu:
Sen dubida que Iván vai a representar o mellor dos veciños e veciñas de Fene, sendo elexido Alcalde.
Unha aperta.
vecino escribiu:
VALDEMORO POR LA HONRADEZ DE EVA BOROX
Un escribiu:
Rapaces vouvos dar un consello.
Andade algo po´las ruas, que se vos vexa.
Sede algo falangeiros.
Non vos dades conta que a xente e algo mais ca os que tedes o lado.
Un caso ai anos atopeime cun home no hospital dixen “buenos dias” e ni pa min mirou. deveu pensar que lle ia pedir algun favor foi o que pensei. (O mellor e que son mal pensado).
Claro que con outro de PP paseume algo parecido