Iván Puentes, alcalde de Fene

Este vídeo é un dos moitos pasos no camiño do amigo Iván Puentes cara a alcaldía de Fene (A Coruña), tal e como sinala Blas García.

Despois de moitos anos de maioría nacionalista, os veciños e veciñas do concello fenés terán a oportunidade o vindeiro 27 de maio de cambiar ós seus gobernantes. Terán que optar por continuar co actual goberno do BNG, carente dun proxecto de futuro,  ou apostar pola alternativa do PSdeG-PSOE.

Iván representa a renovación, a ilusión, o traballo e a capacidade para facer de Fene un concello de referencia en Ferrolterra. Estou seguro de que Iván vai a ser un gran alcalde de Fene.



7 comentarios para “Iván Puentes, alcalde de Fene”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>