Investidura de Núñez Feijóo como Presidente da Xunta

 

Dende o pasado martes ata onte xoves tivo lugar a sesión de investidura á que concurría Alberto Núñez Feijóo como candidato á presidente da Xunta de Galicia.

Na miña opinión o Sr. Feijóo fixo un discurso correcto nas formas pero carente de ilusión, diría que falou máis como un conselleiro-delegado dunha empresa que como candidato á Presidencia do noso país.

Presentouse como un tecnócrata que fuxe das ideoloxías para dar respostas vagas, inconcretas e carentes de profundidade á hora de enunciar as liñas estratéxicas do seu proxecto político para Galicia.

“Menos política y más administración es la fórmula del despotismo ilustrado que enarbolan tantos reaccionarios”. Esta cita da primeira época de Vicente Risco foi utilizada polo voceiro dos socialistas galegos para definir o discurso aparentemente desideoloxizado do Presidente do PPdeG.

Creo que o discurso do compañeiro Fernández Leiceaga estivo ben estructurado,  foi sólido e riguroso, poñendo o acento na situación de crise económica que vive a sociedade, pero tamén facendo fincapé na protección do litoral e nas políticas públicas de benestar.

Ábrese unha nova etapa na política galega e seguramente un novo ciclo onde xa non serán válidos os latigillos e muletillas características dos últimos vintecinco anos. Unha nova xeración se abre paso no exercicio do poder autonómico, queda por ver si dende a esquerda política e social se fai unha análise acertada do sucedido o 1 de Marzo e sobre todo queda pendente a construcción dun novo proxecto socialista con vocación maioritaria que volva a ilusionar á esquerda e responda ás demandas da sociedade galega.

Tempo teremos de seguir compartindo éstas e outras reflexións.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>