
Deixo aquí a miña intervención no plenario do Congreso Provincial do PSdeG de A Coruña o pasado 7 de novembro de 2009, no que presentei a miña candidatura á secretaría provincial do meu Partido.
Aproveito para agradecer o apoio recibido pola militancia e pol@s delegad@s, e tamén para felicitar ó novo secretario provincial e á executiva provincial elexida neste congreso.
________________
“Compañeiros, compañeiras, Presidente do Congreso, Secretario Xeral, membros da Mesa…
Fai pouco máis dun ano, un home que viña de escribir o seu nome na historia da humanidade decíalle á multitude : “ Si, podemos. Temos avanzado moito, temos visto moito, pero queda moito por facer. Este é o noso momento, este é o noso tempo…”.
Aquél catro de novembro, na fría noite de Chicago, Obama facía un discurso cheo de esperanza, pero tamén de responsabilidade, de compromiso común, de proxecto colectivo.
Porque así é a esperanza que se atopa no corazón dos progresistas: non é a promesa dunha quimera, nin unha arela inalcanzable, senón un compromiso conxunto de traballo, de entusiasmo e de futuro compartido.
E ESE É O COMPROMISO QUE QUERO ESTABLECER HOXE CON VÓS, TRABALLAR CONXUNTAMENTE PARA DEVOLVERLLE A ILUSIÓN A CENTOS DE MILITANTES DO PsdeG-PSOE, PARA CONSTRUIR UN PARTIDO ONDE A VOZ DA MILITANCIA SEXA TIDA EN CONTA, UN PARTIDO PRÓXIMO, ÚTIL, FORTE
Aquél catro de noviembre, moitos socialistas participamos da alegría vivida alén o Atlántico, sen sospeitar que, apenas uns meses despois, o destiño nos tiña gardado un amargo espertar. Unha derrota electoral.
O un de marzo non foi tan frío no corpo pero foi de xeo na nosa alma. Perdimos o Goberno galego, perdimos unha batalla, defraudamos a moita xente entre outras cousas porque non escoitamos á militancia nin á sociedade.
Toca aprender dos erros, ter humildade e non perder de vista o noso horizonte, o único obxectivo que no tes de pé dende fai máis de cento trinta anos: a igualdade.
A igualdade a igualdade en dereitos, entre homes e mulleres, a igualdade de oportunidades para os que non teñen nada, máis que a nosa voz, máis que o noso proxecto, teñan a seguridade de que os socialistas sempre estaremos aí, traballando por eles, polo seu benestar, por facer un mundo máis xusto.
Porque, compañeiros e compañeiras, perdimos unha batalla, pero estamos aquí, de pé.. “sereos, coa limpa frente erguida…”, como diría o poeta.
De pé, coa cabeza alta e os ollos fixos no futuro que imos conquistar todos xuntos. Aquí estamos, oito meses despois, completando ese fermoso camiño que comenzamos en Pontevedra. Un camiño que debe facernos máis fortes, máis próximos, e máis utiles para Galicia.
Un camiño que nos levará a unha nova victoria nas municipais do 2011, que nos premitirá axudar ó PSOE a gañar as Eleccions xerais do 2012 e que nos levará de novo á Presidencia da Xunta no 2013.
Non estamos tan mal, compañeiras e compañeiros,
Temos moita presencia institucional, temos moitas alcaldías, temos deputacións, e temos que seguir demostrando a nosa valía, a nosa capacidade para mellorar a vida dos cidadáns, porque as institucións son unha ferramenta para cambiar a sociedade.
Xa non gobernamos Galicia, pero máis de cinco centos mil galegos e galega confían aínda en nós.
O noso partido, o Partido Socialista, compañeiros e compañeiras, é un partido vivo, un partido dinámico onde a experiencia nos axudará a non cometer erros do pasado e construir o futuro entre todos.
Temos que darlle á sociedade sinais de cambio e de renovación, non podemos facer política no século XXI con métodos nen modelos do século pasado.
Porque se nós non cambiamos se nós non nos renovamos, será a sociedade a que nos cambie.
Son optimista. Lévome reunido con centos de militantes da provincia da Coruña, non din chegado a tódolos concellos e pídovos desculpas a aqueles ós que non din chegado, pero despois de reunirme con centos de militantes, teño que decirvos que comparto con vós a necesidade de cambiar as formas de traballar dentro do Partido, vos pedides proximidade, vos pedides que os cargos públicos estemos próximos ás agrupacións locais, vos pedides que o Partido asesore ós grupos municipais, vos pedides que se fomente a participación da militancia, vos pedides que non se acumulen cargos …. E EU COMPROMÉTOME CON VÓS A CONSTRUIR ESE PARTIDO
Cando se escoita ás bases do partido, o Partido Socialista avanza e é útil á sociedade, cando se escoita ás bases do Partido, os ollos da militancia volven a iluminarse, porque a militancia é o pilar sobre o que se asenta o noso proxecto político, e cantas máis persoas se sumen ó Partido Socialista máis forte se escoitará a nosa voz na sociedade.
E é por estas razóns polas que din un paso adiante e presentei a miña candidatura a secretario xeral do PSdeG da provincia da Coruña. Porque coma todos eses compañeiros e compañeiras cos que falei, cos que debatín e dos que tanto aprendín, sei que necesitamos un cambio.
Somos un partido vivo, e a mostra diso son as dúas candidaturas que hoxe vos presentamos aquí para que decidades en conciencia e liberdade.
Y é que hoxe ides elixir o camiño que colle o partido. Ides elexir que modelo usaremos para adaptarnos aos novos tempos, aos novos desafíos, a un mundo que se transforma tan rápido que non nos permite ningún tropezo, se realmente queremos acompañar á sociedade no futuro ao que se encamiña.
Hoxe hai novos métodos para comunicarse, novos xeitos de vivir, nos últimos anos a sociedade cambiou moito. A información ven de milleiros de sitios, a poboación quere ser tamén escoitada en pe de igualdade cos gobernantes. A mensaxe xa non pode ser unidireccional. Vivimos na conversa global. E iso é profundamente socialista.
As novas tecnoloxías só son a punta de iceberg da enorme transformación que está a sufrir a sociedade. Debemos dar respostas, integrarnos e participar dese cambio de modelo mental. Os vellos métodos valían antes. Agora hai que adaptarse ou esmorecer.
Neste novo século estanse a producir feitos fundamentais na concepción da política e da esquerda. Faise evidente que teremos que afrontar unha redefinición do noso papel. Este partido non quere nin pode permitir que se despolitice todo, que se diga que somos simplemente xestores, que a política con maiúscula perda valor. Temos un ideario moi claro. Somos socialistas e creemos na política para cambiar a sociedade.
A xustiza social, a liberdade, a igualdade a solidariedade non son só resultado de manexar correctamente a maquinaria que os cidadáns poñen nas nosas mans. Son resultado da transformación, do cambio, da crenza en que só con grandes apostas se conseguen grandes soños. Eu non entrei en política para ser un funcionario, un burócrata. Eu entrei en política porque creo que entre todos podemos cambiar esta sociedade e construír outro mundo máis xusto. E creo que non podemos perder iso de vista.
O desafío que temos diante é crear unha estrutura provincial eficaz e eficiente. É un modelo ao que non estamos afeitos, cun territorio no que a organización do Partido, a coordinación de esforzos e políticas está deslabazado. Pero no que temos a mellor das vantaxes: a mellor materia prima. Todos e todas vos!
Milleiros de militantes cunha valía que está desaproveitada, millares de militantes aos que en moitas ocasións, a pesares das nosas ganas, das nosas aportacións e das nosas ilusións non se nos escoita. Temos que ser quen de integrar todas esas votande e crear unha estrutura forte, imparable, do partido na provincia da Coruña.
O meu proxecto non é so meu, é o voso, é un proxecto colectivo, un proxecto no que se combina a experiencia de moitos compañeiras coa necesaria renovación dentro do PSdeG. Non é un proxecto individualista, eu non confío só nas miñas posibilidades: teño fe na potencialidade do partido. Gústame o traballo en equipo e creo en vós.
Falamos de renovación, de ideas, de respostas ós retos que ten a sociedade e tamén renovación de persoas. Pero a renovación non é unha cuestión de idade.
Renovación nas formas de traballar, na maneira de tratar coa militancia, na forma de relacionarse coa sociedade, e iso temos que facelo cun proxecto sólido: construindo unha maquinaria forte do PSdeG na provincia da Coruña, unha maquinaria e un Partido imparable, incrementando a nosa implantación territorial, axudando ás agrupacións locais e mellorando a nosa conexión coa cidadanía. Con método, traballo e novos modos. Entre todos, participativamente. Aquí non sobra ninguén.
E para iso temos que prover ao partido de ferramentas, de formación, de apoio e sobre todo de oportunidades.
Ao longo deste último mes e pico, durante as xuntanzas nas agrupacións locais ou a través da carta que recibistes nas vosas casas xa coñecistes as medidas máis importantes que poremos en marcha para subministrar ferramentas á nosa organización
Faleivos da creación dun gabinete técnico-xurídico, para que asesore na area xurídica, orzamentaria, urbanística e de servizos sociais ás agrupacións locais e grupos municipais. Non debemos deixar a ninguén abandonado sen apoio. Se unha agrupación necesita asesoramento ten que obtelo do partido de xeito fácil e continuo no tempo.
Tamén sabedes que considero moi importante ACHEGAR A Formación ÁS AGRUPACIÓNS LOCAIS. Para formar ós nosos candidatos e candidatas ás proximas eleccións municipais, para axudar ás executivas locais no seu traballo diario, e para favorecer a participación da militancia dentro do Partido.
Necesitamos TRABALLAR CON PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN, dotando ás nosas candidaturas da formación política necesaria para mellorar o noso traballo concello a concello.
Vemos tamén como evidente que os cargos públicos do partido temos que estar coordinados. Non debería ter que lembralo. Somos xente que estamos ben pagados e que por iso debemos ter total disposición de tempo. Temos que estar coordinados dende a dirección para traballar codo con codo coas agrupacións locais, para axudalas e para transmitir as súas iniciativas. Temos que ter presencia nas sedes e nos pobos. Presenza continua. Dedicación.
Tamén vos teño dito que comparto con vós a necesidade de acabar coa acumulación de cargos. O día ten 24 horas e a provincia 94 concellos que atender. Temos canteira e moitos compañeiros e compañeiras con capacidade.Non é entendible que alguén aperte pouco por querer abarcar moito. Eu non falo nunca de repartir o poder, falo de repartir o traballo, compañeiros e compañeiras, somos socialistas e temos que demostralo coas nosas accións.
FÁLOVOS DE SER MÁIS PRÓXIMOS, MÁIS FORTES E MÁIS UTILES.
MÁIS PRÓXIMOS
Queremos – debemos – ser máis próximos ós cidadáns. Próximos ó lado dos que teñen problemas, dos que precisan ideas, dos que esperan de nós solucións. Próximos para falar de IDEOLOXÍA, DE MELLORA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, próximos para comprometernos coa educación e coa sanidade pública, e próximos para levantar a bandeira do socialismo sin tibieza, cun claro compromiso dende a esquerda e para a maioría da sociedade.
Próximos para trasladarlles ós cidadadáns o traballo do Partido Socialista nas institucións, pero tamén para conectar mellor ás institucións que gobernamos coas arelas e demandas da nosa sociedade.
Non podemos convertirnos en burócratas instalados nos despachos oficiais, a proximidade exixe presencia pobo a pobo, non só nas campañas electorais senón ano tras ano, mes tras mes,
Ter un pé na rúa para escoitar e outro nas institucións para defender os intereses da nosa base social, dos que se identifican con nós,
MÁIS FORTES
A proximidade, sen dúbida, faranos máis fortes. Fortes como organización política, como partido, como colectivo que soña e loita cada dia por cambiar a sociedade buscando o bén común.
E seremos máis forte se melloramos a información que chega á nosa militancia:
Argumentos para debatir, para defender en cada lugar as actuacións do PARTIDO SOCIALISTA e para iso impulsaremos un programa de adaptación tecnolóxica das agrupacións locais, como o que puxo en marcha no seu dia José Blanco dende a Secretaría de Organización Federal.
E Si a formación e a información son relevantes, a participación constitúe o eixe central en torno ó cal construir un partido forte, útil e próximo. A participación da militancia supón o mellor aval para dotar ó partido da capacidade de construir alternativas reais e rigorosas fronte á dereita.
MÁIS ÚTIL
O Partido é máis útil si está máis próximo, a militancia é máis útil si está mellor formada.. pero o PSdeG é, por encima de todo, un partido de goberno. Os socialistas queremos –debemos – cambiar a sociedade dende os gobernos, dende as institucións.. E a primeira cita que os socialistas temos para ser máis útiles son as municiapis do 2011.
Os gobernos municiapis socialistas foron os que dende os primeiros anos da democracia construiron a xusticia, a igualdade e o benestar que os socialistas temos coma obxectivos esenciais. Os nosos gobernos municipais foron – son – o noso orgullo.
Os concellos son benestar, son desenrolo, atención ós que menos teñen, progreso, emprego, educación, igualdade…. Os nosos concellos son : tolerancia, liberdade… políticas sociais, cultura para todos, barrios e parroquias abertos, accesibeis….
Eu prométovos que no 2011 haberá máis concellos e máis diputación SI TRABALLAMOS, SI QUEREMOS, PODEMOS, É POSIBLE.
Estamos no Porto da Coruña, compañeiros, compañeiras. Deste Porto sairon durante séculos, viaxeiros buscando aventuras, emigrantes buscando unha oportunidade para vivir, cidadáns que querían ser libres e fuxían dunha dictadura… saiu unha solidaria expedición levando unha vacina para salvar milleiros de vidas en América..
hoxe saliremos de aqui máis próximos, máis útiles, máis fortes… máis convencidos da inmensa e fermosa tarefa que temos…
Pídovos que imaxinedes comigo un Partido Socialista unido, un Partido orgulloso de si mesmo, que nos debuxe un sorriso na cara cada vez que lle digamos a alguén que somos socialistas. Un Partido Socialista que estea na rúa falando de ti a ti cos cidadáns e cidadás, que sexa o referente da política local en cada pobo, en cada parroquia.
Un Partido Socialista que saiba que está formado, sobre todo, por milleiros de militantes que traballan movidos por un único motor, a forza das súas ideas. Un partido socialista que traballe tan ben e tan organizadamente que sexa un equipo disposto a consquistar unha provincia, un equipo imparable de mulleres e homes. Ese partido non é un soño. Se queremos pode ser unha realidade.
En definitiva, compañeiros: non queremos un partido en blanco e negro. Queremos un partido que sexa coma os seus militantes: vivo, alegre, dinámico, comprometido, entregado. Queremos abrir as fiestras e que entre o aire, un aire moi fresco. Queremos ver novas oportunidades e futuro.
E iso o podedes facer vos, votando con liberdade, decidindo en conciencia cos vosos ideais e aspiracións. Nun exercicio de responsabilidade persoal pero tamén de alegría militante. Pensade que partido queredes e logo votade.
O cambio está nas vosas mans. Tamén o futuro.
Fai un ano e un pouco, Obama decíalles ós seguidores “sei que nunca parecín o aspirante con máis posiblidades “. Eu tamén o sei. Pero como Barck Obama dígovos que non se trata de gañar, que non se trata só de elexir un Secretario Xeral da provincia.. que se trata de iniciar xuntos un longo, difícil pero apaixoante camiño… e que, si queredes, SI, PODEMOS!”

