Informe do Valedor do Pobo no Parlamento

Hoxe interviu Benigno López, Valedor do Pobo, no pleno do parlamento de Galicia para dar conta do informe que realiza anualmente e que neste caso correspondía ó ano 2006.

Nunha intervención de máis de hora e media dou conta das diferentes áreas de traballo nas que se subdivide o citado informe, destacando que durante o exercicio 2006 medraron o número de queixas recibidas pola institución ata chegar ás 1.805, sendo a área de urbanismo e vivienda a que tivo unha cantidade máis elevada, con 233 (o 12,91%).

O informe foi aprobado por asentimento das deputadas e deputados presentes no hemiciclo.

Teño que decir que me chamou moito a atención a ausencia da tribuna de invitados do Parlamento do señor Benigno López (Valedor do Pobo) durante o turno de intervencións dos diferentes grupos parlamentarios para posicionarse sobre o citado informe.

A verdade é que non atopei unha explicación racional para tal feito. Ata o de agora viña sendo costume e ata unha norma de cortesía (así foi cos anteriores ocupantes do cargo de Valedor do Pobo) o feito de que o Valedor escoitara o posicionamento e as valoracións dos grupos parlamentarios sobre o informe exposto.



2 comentarios para “Informe do Valedor do Pobo no Parlamento”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>