
Hoxe interviu Benigno López, Valedor do Pobo, no pleno do parlamento de Galicia para dar conta do informe que realiza anualmente e que neste caso correspondía ó ano 2006.
Nunha intervención de máis de hora e media dou conta das diferentes áreas de traballo nas que se subdivide o citado informe, destacando que durante o exercicio 2006 medraron o número de queixas recibidas pola institución ata chegar ás 1.805, sendo a área de urbanismo e vivienda a que tivo unha cantidade máis elevada, con 233 (o 12,91%).
O informe foi aprobado por asentimento das deputadas e deputados presentes no hemiciclo.
Teño que decir que me chamou moito a atención a ausencia da tribuna de invitados do Parlamento do señor Benigno López (Valedor do Pobo) durante o turno de intervencións dos diferentes grupos parlamentarios para posicionarse sobre o citado informe.
A verdade é que non atopei unha explicación racional para tal feito. Ata o de agora viña sendo costume e ata unha norma de cortesía (así foi cos anteriores ocupantes do cargo de Valedor do Pobo) o feito de que o Valedor escoitara o posicionamento e as valoracións dos grupos parlamentarios sobre o informe exposto.


Lorena Rodríguez escribiu:
Acabo de ler este comentario sobre a aparición do Valedor no Parlamento. Son estudante de Políticas e hai pouco fixen un traballo sobre as relacións entre o Valedor e o Parlamento. Puiden coñecer que precisamente o reglamento pide que o Valedor se ausente da Cámara para favorecer sen inxerir, o debate entre os grupos. Agardo que o meu comentario e o meu traballo lle sirva de axuda para atopar explicacións.
lage escribiu:
Ola Lorena!
Quero facerche unha aclaración, O Valedor sempre se ausentou da Cámara, cumplindo o regulamento, claro está, pero é a primeira vez que non sigue dende a Tribuna de Invitados as intervencións dos diferentes grupos parlamentarios.
O Valedor actuou do xeito que mellor entendeu, imaxino, o que non ten nada que ver coa costume dos anteriores ocupantes desta institución que tiñan a ben seguir o debate a Tribuna de Invitados. A súa presencia na Tribuna nin antes nin agora suporía ningunha inxerencia.
un saúdo