Incendios, trama organizada ou unha confluencia de intereses dende fai máis de 15 anos?

Monte Louro en llamas-agosto 2006 

Estiven uns cuantos días de vacacións, fóra do país, aproveitando para descansar e cargar as pilas. Vivín con indignación, con rabia e con impotencia a situación que sufrimos en Galicia, onde moitos montes arderon e unha serie de vivendas e núcleos de poboación estiveron rodeados polo lume.

Non sei si existe unha trama organizada, ou si pola contra conflúen unha serie de intereses moi diversos nesta ola incendiaria. É certo que estamos diante dunhas condicións climatolóxicas excepcionais que non se deron nos últimos anos, os datos metereolóxicos así o amosan.

Tampouco a min  me parece casual que Santiago de Compostela ardera polos catro costados, nin me parece casual o ataque a aeroportos e zonas colindantes con estacións de servizo, e podería seguir así un bo anaco, falando do que non me parece casual.

Aínda así eu non teño probas para falar de tramas organizadas, e sí teño  probas para decir que en Galicia temos pendente cambiar a política forestal e a ordenación do territorio, así como a valorización dos recursos agrarios e forestais. O Presidente Touriño ten un firme compromiso neste senso ó igual que o conxunto do goberno galego.

A existencia ou non de tramas terá que coñecerse de man dos que teñen responsabilidades na investigación e na actuación policial, dar luz e información sobre o sucedido á poboación é unha obriga política e moral.

Penso que é a hora de planificar e deseñar o futuro da nosa masa forestal, dos nosos recursos agrarios, e darlle dunha vez por todas un impulso á ordenación do territorio, asignatura pendente dende que temos Estatuto de Autonomía.

Recoméndovos a lectura da reportaxe de Nacho Mirás, en La Voz de Galicia sobre os incendios, podedes chegar a ela pinchando aquí .



3 comentarios para “Incendios, trama organizada ou unha confluencia de intereses dende fai máis de 15 anos?”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>