IESGA, primeira forza estudiantil na Universidade da Coruña

A photo on Flickr

Esta semana puiden compartir cos compañeiros e compañeiras de IESGA o triunfo nas eleccións da Universidade da Coruña. IESGA é a organización dos estudiantes progresistas de Galicia.

Fai xa máis de nove anos que uns cuantos compañeiros e compañeiras, fundamos este sindicato estudiantil nas universidades de Coruña e de Compostela.

IESGA convertiuse na organización estudiantil máis votada polos universitarios da UDC nas eleccións celebradas o pasado mércores 29.

Foron elexidos 19 membros de IESGA para o Claustro universitario, seguidos dos nacionalistas de CAF, e doutras organizacións estudiantís de orientación conservadora. Noraboa!

Onte á noite puiden compartir unha amigable cea no Orzán cos representantes estudiantís recén elexidos para o claustro da UDC e tamén para as Xuntas de Centro. Foi despois de asistir primeiro á inauguración dunha taberna en Santaia (Curtis) e posteriormente participar en Teixeiro (Curtis) nun acto pre-electoral do PSdeG-PSOE.

Os responsables de IESGA, agora teñen unha fermosa tarefa que facer, representar ós seus compañeiros e compañeiras, e unha enorme responsabilidade, traballar por unha universidade científica e de calidade onde os alumn@s teñan mellores servizos e un mellor ensino.

Adiante IESGA! Adiante compañeiras e compañeiros!!!



8 comentarios para “IESGA, primeira forza estudiantil na Universidade da Coruña”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>