Hoxe naceu o pequeno Xaime

Hoxe é un día de ledicia. Os meus amigos, Xaime e Mela, son pais. Un neno de 3,7 kg nacía sobre as 3 da mañá en Ferrol. O pequeno Xaime veu ó mundo despois de 9 meses de embarazo. Á mañá cando falaba con Xaime por teléfono emocioneime moitísimo.

A verdade é que parecía que non chegaba o día … durante os últimos meses, Xaime daba o día 6 de novembro coma o día no que Mela saia de contas, e na madrugada do día 7 foi o feliz parto. Que exactitude, podemos dicir que se cumpriron tódalas previsións.

Agora só agardo o día no que vai visitalos para poder ver ó pequeno Xaime. Mentras tanto, espero que Xaime nos faga un pequeno agasallo: unhas cuantas fotos no seu blog.

 Felicidades!!!



Un comentario para “Hoxe naceu o pequeno Xaime”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>