Acebes »


Hai oposición en Galicia …?

 Foto Lage-Lobeira-Balseiro-Pleno

 Despois de ver os asuntos que hoxe se trataron na sesión do parlamento de Galicia a iniciativa do Grupo parlamentario Popular, cheguei a dúas conclusións: a primeira que a Xunta de Galicia está acertando de cheo na súa acción de goberno, cousa da que xa estaba convencido; a segunda que non existe oposición no noso país, e explicarei o porqué.

O Grupo Popular ten a posibilidade de introducir en cada pleno unha serie de iniciativas, en forma de proposicións non de lei, interpelacións ou preguntas.

Neste pleno trouxo iniciativas relacionadas coa organización dunha festa para a terceira idade, o futuro do ballet rey de viana, a situación de funcionarios que ocupaban postos de libre designación co anterior goberno e agora están pendentes de destino, e finalmente interesaronse por unhas xornadas de exaltación do ourizo na comarca de A Mariña.

Son estes os temas de interese xeral que preocupan á maioría dos galegos? Son estes os asuntos prioritarios para a maioría dos votantes que tivo o Partido Popular nas pasadas eleccións autonómicas? Son estas iniciativas producto do sentir xeral da poboación?

Son preguntas que se me pasaron pola cabeza e que tratei de plasmar na miña intervención na tribuna do parlamento cando me tocou intervir a conto da interpelación popular sobre as xornadas de exaltación do ourizo. É bo que o goberno acerte, e máis pola parte que me toca, como socialista e como galego, pero tamén sería bo que houbera oposición … á vista da sesión de hoxe diría que non hai oposición … nin se lles espera. Quédalles un longo treito.

 



3 comentarios para “Hai oposición en Galicia …?”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>