Onte debatíamos na TVG sobre a corrupción urbanística, no programa que conduce Ana Rodríguez. Recollendo a suxerencia de Marcus, que me invitábame a que contara no meu blog aquelo que non poidechedes ver a través da TV, apuntarei algunhas cousas sobre a participación no Hai Debate!.
Á presentadora, caeulle o pinganillo en dúas ocasións, coa boa sorte de quedarlle enganchado no cuello da chaqueta, sin que tivese maiores consecuencias. Nun dos momentos nos que se dirixía a min, fixeime que lle caera e mesmo pensei en facerlle algún sinal… por sorte non fixo falta.
O programa tiña prevista unha duración de setenta e cinco minutos pero alongouse ata os oitenta minutos por mor do vivo debate que se produxo entorno ó urbanismo. Algúns deses momentos son recollidos hoxe na weblog de Marcus.
O deputado Diego Calvo (Partido Popular), trouxo case tantos folios coma os que utilizaba Fraga cando interviña no debate do estado da autonomía, case teñen que ampliar a mesa do plató . . . a verdade é que tiña un papelón … xa que o PP é responsable da actual lexislación estatal en materia de Solo e de Ordenación Urbanística en Galicia.
O público invitado (todo xente moza) tiña unha procedencia moi diversa según puiden saber ó rematar o programa e falar con algúns deles: Arteixo, Lugo, Pontevedra, Santiago, A Coruña….
Antes de comezar o debate entregáronnos uns bolígrafos bic, de toda a vida, así coma unha carpetiña da TVG coa nova imaxe corporativa.
Destacar tamén a dirección do debate por parte de Ana Rodríguez, que cada pouco tempo indicaba ós participantes o seu turno cun leve sinal. Teño que dicir que levou o programa con man firme … tanto que algún dos participantes chegou a decirlle que parecía un sarxento do exército prusiano…
Seguiremos falando do Hai Debate!.



Marcus escribiu:
Vaia, o do pinganillo veuse en antena a primeira vez que pasou (e coido que incluso fixo ruído).
Sobre a presentadora, dentro do programa, ¿prefires a actual ou a anterior? Porque ti foras ós primeiros programas de Hai Debate, ¿non?
Daniel Ferreira de Bastos escribiu:
compra do auricular invisive para telemovel,e camara de filmar em forma de botao.-e marcar o dia e a hora para eu ver o equipamento,e endicar a residencia.O meu telemóvel é de marca charp GX17.
“Mommy” escribiu:
Huh… Slightly addled, but on the whole I like this post. You’ve got some fresh ideas. But please, write more lucid.