Hoxe ás 23h 20 na TVG participarei no programa “Hai Debate!” que presenta a xornalista Sonia Vizoso e no que compartirei plató con Manuel Ruiz Rivas e Pablo González Mariñas, deputados do PP e do BNG, respectivamente. Tamén estarán Nacho Mirás, xornalista de La Voz de Galicia, Raúl Vilas de Libertad Digital e máis Rosa Aneiros, escritora e xornalista.
A lingua galega, a recuperación da memoria histórica ou a lei anti-tabaco serán os temas sobre os que nos pronunciaremos coas nosas opinións e puntos de vista.
11/04 – Actualización: Modesto subiu un anaco ao Youtube
11/04 – Actulización 2: Imos ter que pagarlle unhas tazas a Modesto. Aquí está a segunda parte do programa.


Marcus escribiu:
Lage, gustei moito da túa intervención (aínda estou mirando o programa neste momento) pero quedei abraiado porque cambiaron o teu apelido por Laxe, así que me leva a pensar, ¿cambiaches o teu apelido no rexistro?
Aproveito a ocasión para comentarte que a xornada de Rede de Blogs foi unha absoluta pasada. Agardo iniciativas semellantes no futuro.
Unha forte aperta e ata pronto.
Enrique Castro escribiu:
Xosé Manuel:
Benvido a
Enrique Castro escribiu:
disculpas…
Benvido a Red de Blogs Socialistas.
JR2C escribiu:
A min pareceume francamente moi correcta a intervención do representante do PsdeG no programa. En positivo, con gran sentido da responsabilidade. Respecto dos demais: Pablo Gonzalez Mariñas, Manuel Ruíz… Non creo que calqueira tempo pasado fora mellor… claro que Raúl Vilas tampouco é o mellor representante da mocidade deste País,argumentos moi sinxelos, crispados… en definitiva un “Recartito o Federiquito” más. Pero éste de provincias, polo tanto un souvenir…
Lage » O Decreto sobre o galego no ensino escribiu:
[...] Teño manifestado en varias ocasións a miña posición sobre a defensa da lingua como sinal de identidade e como canle-ferramenta de comunicación social. Penso que será unha mala noticia para o País que un grupo político (PP) que representa a tantos galegos e galegas abandone a súa posición tradicional para alinearse con Jiménez Losantos e cía. [...]