Gracias a vos o cambio foi posible

“Vou para durmir, non podo máis, só quero dárvolas gracias polo voso voto, polo voso apoio, porque sen vos o CAMBIO EN GALICIA non sería posible.

ista, ista, ista, Galicia Socialista!”

Así rematei o Diario do Cambio, a pasado noite do 19 ó 20 de xuño, e quero aproveitar estas liñas para recordarvos a importancia que ten o compromiso que exercemos coa nosa terra, coa nosa xente, co noso País, Galicia confía en nós, e eu dende a miña pequena aportación como deputado electo pola provincia da Coruña, tentarei contribuir a que se fagan realidade os proxectos e ideas que vimos recollendo dende fai meses.

Despois dos once meses de deputado na anterior lexislatura, dispoñome agora a afrontar con renovada ilusión e dende o Grupo no goberno, a tarefa de representación dos cidadáns no Parlamento de Galicia.

Unha vez máis quero agradecervos o voso apoio, as vosas aportacións, as vosas criticas e as suxerencias que me fixechedes chegar ó longo dos pasados meses, e invítovos a que de aquí en adiante o sigades facendo, xa que construir un futuro mellor para as galegas e os galegos, é unha tarefa colectiva, de todas e todos nos.

MOITAS GRACIAS



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>