Galisfera

Para compartir experiencias e aportar novas visións da realidade social e política nace unha nova plataforma electrónica horizontal onde vos animo a participar: a Galisfera.

Temos en marcha dende fai pouco tempo este punto de encontro virtual, un agregador de blogs que amosa entradas do que se publica nos blogs dunha parte importante da esquerda galega.

A Galisfera é un proxecto desenvolvido por José-Luis Prieto, quen tamén é un dos responsables de Las Ideas (iniciativa semellante a nivel estatal), empregando o software Infante (publicado baixo licenza Creative Commons).

Nesta web xa estamos participando, Pepe Blanco, o  vicesecretario xeral do PSOE; Mar Barcón, a secretaria de organización do PSdeG;  Loli Rodríguez Amoroso, a secretaria xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia; os alcaldes de Fene e Lugo, Iván Puentes e José López Orozco; o destacado blogger e amigo Blas García, eu mesmo e unha longa lista de amigas e amigos da esquerda galega.

Agardo que tiredes de Galisfera e poidades atopar nela un novo espazo para a reflexión e o debate.



Un comentario para “Galisfera”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>