Galicia ten que invertir en I+D

Fai un par de días o Conselleiro de Economía da Xunta de Galicia daba a coñecer unha boa nova para o noso país: contaremos con 360 millóns de euros entre o 2007 e o 2013 para invertir en políticas de I+D procedentes do Fondo Tecnolóxico no novo marco financieiro da Unión Europea.

Non sei si é o último tren, xa que moitas veces estamos moi acostumados a frases apocalípticas, pero dende logo que é un momento relevante para aproveitar ben esos fondos e camiñar cara a converxencia real dentro da UE.

Apostemos por primar a inversión en capital humano e tecnolóxico, potenciando a formación e a innovación. Esto non nos debe apartar da tarefa pendente en canto ás infraestructuras, xa que precisamos artellar ben a nosa rede de comunicacións e transporte se queremos realmente ter unha actuación económica global.

Existen déficits que hai que correxir, pero sen dúbida toca recuperar o tempo perdido e apostar pola innovación e o capital tecnolóxico.

Xogámonos moito, penso que o desenvolvemento de Galicia pasa en gran medida por nós mesmos pero tamén pola nosa capacidade e habilidade para situarnos dentro dun espacio económico globalizado, cheo de incertidumes pero tamén de oportunidades.

Non teñamos complexos.



Un comentario para “Galicia ten que invertir en I+D”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>