Galicia quere cambio

Un estudio demoscópico dado a coñecer nesta semana a través da prensa galega pon de manifesto o desexo de cambio de goberno dunha parte moi significativa da poboación galega.

O 60.6% dos entrevistados creen que é necesario un cambio de goberno, o 51,4 % desaproba a xestión de Manuel Fraga ó frente da Xunta de Galicia e o 71,4% considera perxudicial para Galicia que Fraga siga catro años máis como Presidente do goberno galego.

O estudio demoscópico realizouse entre o 22 e o 27 de febreiro.

Son datos cualitativos que apuntan un cambio inevitable, unha demanda dunha parte moi importante da cidadanía e que o PSdeG-PSOE comezará a materializar a partir deste mes coa elaboración do Programa do Cambio.

Un contrato cos cidadáns para modernizar Galicia e aproveitar mellor as nosas posibilidades, as potencialidades que temos e mellorar a calidade dos servizos públicos.

Ó frente da elaboración do Programa Electoral estará o compañeiro José Luis Méndez Romeu, hoxendia Secretario de Estado de Cooperación Territorial e persoa á que sustituín no Parlamento de Galicia cando foi chamado para ocupar un posto no Goberno de ZP.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>