
Hoxe comezarei por falar do nome do noso País: Galicia.
Onte La Voz de Galicia daba a coñecer unha contestación da Real Academia Galega a unha consulta feita pola Consellería de Cultura sobre a pertinencia ortográfica do topónimo Galiza.
O noso País só ten un nome oficial e non dous, tal e como recolle o noso Estatuto de Autonomía. A RAG vén a poñer nun papel oficial un feito incontestable para a inmensa maioría dos galegos.
Recoméndovos a lectura dun artigo de Luis Ventoso sobre este asunto.
A lingua non debe utilizarse como ferramenta de combate político e non debe ser utilizada de xeito partidista como fan algúns dende fai anos. As últimas polémicas sobre o galego móvense entre posicións extremas, o que pode ter consecuencias negativas para o noso idioma.
Lingua dende a liberdade
Son un firme defensor de preservar a nosa lingua e de contribuir á normalización lingüística en tódolos sectores da nosa sociedade, xa que hoxe siguen producíndose atrancos para o utilización do galego en moitas situacións propias na nosa vida diaria (a última que vivín foi cando un coñecido meu foi ó notario para escriturar un piso que acababa de mercar, solicitou facelo en galego e dixéronlle que tardarían 15 días).
Creo na necesidade de mudar as políticas dirixidas ó fomento do uso da lingua xa que está demostrado que determinadas accións non teñen froitos reais (por exemplo, as típicas campañas que se repiten ano tras ano sobre a lingua) e considero imprescindible que se impulse dende os poderes públicos as políticas de fomento e promoción do galego, con especial fincapé no papel socializador que ten a escola pública. Trátase de que os nenos e nenas cando saian da escola teñan competencia lingüística en galego, castelán, e inglés.
Dito todo isto e dende o meu ideario socialista defendo a lingua como unha opción e non como unha imposición. Creo tanto na intensificación das políticas públicas a prol do galego e do seu coñecemento e uso, como na liberdade individual de usar a lingua na que cadaquén se sinta máis cómodo, ou en definitiva, dito dun xeito moi vulgar: que cadaquén fale no que lle pete.


Miguel escribiu:
“A lingua non debe utilizarse como ferramenta de combate político”, iso está moi ben .
Insultaron-te algunha vez por falar galego uns descoñecidos?, a min si. Ocorreu na Coruña, onde moitos do teu partido usaron o “L” como arma eleitoral. Sexa GALICIA OU GALIZA quen artellou o de onte non está a prol do galego.
GALIZA coma dicia CASTELAO é para os que a queren, Galiza ou Galicia, para o resto dará sempre igual con tal de ir contra o galego, contra o nacionalismo e tamén contra GALIZA. Palavra que no meu corazón (ao igual que o de miles) significa GALIZA.
A.D.R Castelao dicia Galiza, e Castelao valia máis que todos nós. Mais ca ti seguro.
Miguel. Compostela
MON CERVO escribiu:
Xa estamos outra vez tumba e dalle.
Deixade dunha vez descansar tranquilos a Catelao, Rosalia e moitos outros historicos galeguistas.
Creo que RAG é quen debe de velar por un uso correcto e por un desenrolo adecuado da nosa lingua, e polo tanto debemos respetar a sua doutrina, gustenos ou non.
Miguel, neste mundo o que non pense igual ca min o ca ti , non ten que estar contra, simplemente ten un punto de vista distinto.
Tamén eu aprecio que dende o BNG estanse a saltar a toreira a normativa da RAG que é a que rixe o idioma galego convertindo as suas palabras e o seu xeito de falar nun autentico desproposito que se asemella máis a outro idioma que o galego. E enton falar deste xeito e ignorar a normativa ¿como se lle chama?
E si alguén te insultou por falar galego, deberias de ter empregado esa carraxe que empregas nalgunas fases do teu escrito para explicarlle que esa e a lingua que mamaches e que estas no teu país e falas a sua fala.
E para rematar unha pequena reflexión.
O idioma galego é coma un paxaro que esta nunha carballeira que se chama GALICIA e si queremos que aniñe nas árbores, que son os nosos corazóns, debemos de deixalo que se mova libre sen impoñerelle onde ten que aniñar. E pouco a pouco, larada tras larada de paxariños irase incrementando a sua presencia cada vez máis.
Así é a nosa lingua galega
Bernabé escribiu:
Para min, que sexa Galicia ou Galiza éche o mesmo. Vou simplemente, como no resto das decisións da RAG (incluída a normativa), aceptar a decisión da Academia, que é o organo competente e o máis formado para estes asuntos.
O que non aturo, pero respeto, son as verbas ditas por Miguel, radicais nas súas formas e no seu fondo. Sobretodo no que respeta a Castelao (que seguro que estaría moi defraudado por manipular as súas ideas e o seu espirito dese xeito).
Apertas dende Galicia,
Bernabé
Miguel escribiu:
“O idioma galego é coma un paxaro que esta nunha carballeira que se chama GALICIA…”
Si pero quen sodes vós pra dicer que eu non podo dicer e escrever Galiza e Carvalleira, palavras e máis palavras…
Queredes que o galego se asemelle canto máis ao español e tentades argumentá-lo co soporte dun “certificado” dun académico desnortado.
A RAG xa tivo que pronunciar-se anteriormente sobre que a forma “Galiza” é xenuinamente Galega desde o medievo. Negá-lo seria adraxar a Castelaoe todos os galeguistas que empregaron a verba Galiza desde o rexurdimento.
Ademais si que é utilizada na actualidade por moitos miles de galegos. Agora somos minoria, pero tamén é certo que somos a minoria que máis fai polo Galego.
Polo tanto “galiza” si que é unha forma do galego contemporáneo, non hai que ser filólogo para dar-se conta diso.
E CASTELAO É DOS NACIONALISTAS, non dos españolistas que queren usar a diatriba sobre normativas na contra do galego. Moitos outros idiomas coma o francés tiveron mútiples revisións ortográficas e non pasou nada…
A Confedereción Helvética (Suiza) ten o nome oficial en latin para non coller unha forma de nengun dos idiomas que se falan no seu território, unha grande parte dos galegos/as falan de GHALISIA e non de Galiza nen de Galicia, asique os argumentos de que os do BNG queren que falemos portugués ou cousas peores caen polo seu pé. Galicia, “Ghalisia” e Galiza non formas válidas, agora o noso nome máis enxebre tal coma entendia “enxebre” Castelao é o de GALIZA, así deveremos chamar-lle a nosa Nación, porque é unha nación e que segundo Castelao “nengun anti-feixista pode negarlle o dereito á autodeterminación”.
Mais en definitiva, reitero-vos quen sacou este tema na “COZ” de Galiza, está contra o galego.
E será sempre Galiza mentres quede un só nacionalista quen de facer agromar o espírito dos galeguistas e de CASTELAO, e de proclamar aos catro ventos a nosas vellas e novas arelas de liberdade.
Miguel. Compostela
Inés escribiu:
Sinceramente, a utilización das formas do topónimo Galiza ou Galicia, non creo que vaian repercutir no uso do noso idioma. Dada a competencia da RAG (é retranca; estounos sufrindo mentres imparto un CELGA; poderiamos falar demasiado sobre esta e outras institucións e administracións varias), creo que dá igual o que digan. Pobo soberano.
jlprieto.net » Galiza escribiu:
[…] com?n) intentaron nos ?ltimos anos -que este artificioso chuzo realmente era novo- crear unha “Galiza” no mesmo espazo e tempo en que existe Galicia. Unha ficci?n paralela na que ter o respaldo social que no mundo real n?gaselles… e en […]
desnortado escribiu:
Resulta pouco gratificante ver como case sempre as ideas que son defendidas dende o enfrontamento directo acaban en esteriles diálogos que non conducen máis que ó aburrimento.
Se a RAG di que o termo correcto é o de GALICIA, pois xa está.
Creo que non lle hai que dar máis voltas!
MON CERVO escribiu:
Miguel, ti non lees e sigues coa tua.
Ninguén che di nada por que fales como queiras pero, ollo, non te convirtas ti en xuiz dos demais.
Vouche decir varias cousas meu neno.
Non penses que ti es mais galego que ninguen por ser nacionalista e por esgrimir argumentos propios dunha dictadura . Eres igual de galego ca min gusteche o u non.
Creo que tes un problema moi grande xa que non enterache que o poderes o poder executivo, lexislativo e xudicial conforman o estado e dentro do amplo organigrama do mesmo e chegando as comunidades autonomas hay un organismo que traballa para coidar e mellorar a nosa lingua. Podenos gustar mais ou menos pero temos o deber de respetalo o igual que o resto de poderes do estado.
CASTELAO E DE TODOS OS GALEGOS. Deixade dunha vez de apropiarvos de nomes e obras de galeg@s ilustres que demostraron o seu amor por GALICIA, non vos pertencen, son de todol@s galeg@s.
E intentar trasladar e aplicar os dias de hoxe os mensaxes escritos no seu momento por CASTELAO e outros e unha autentica temeridade, por que a situacion na que foron baseados e escritos nada ten que ver coa que vivimos a dia de hoxe.
Eu polo menos lin e tratei de comprender o que queria decir CASTELAO en SEMPRE EN GALICIA. Ti Miguel dudo moito que fixeras esto xa que as tuas palabras asemellanse a quen lle meteron un discurso nos miolos e non sabe decir otra cousa
Devesa escribiu:
A MIGUEL DE COMPOSTELA
Unha xa está xa farta de escoitar sempre a mesma leria. Nós os nacionalistas somos os que defendemos a lingua. Nós, os nacionalistas somos os únicos que nos preocupamos pola nosa Galiza. Nós, os nacionalistas defendemos a bandeira galega, a cultura galega, a mocidade galega….Basta xa!.
Vós, os nacionalistas, só vos preocupades de confundir a todo o mundo, apropiándovos de todo. Vós, os nacionalistas crédesvos os únicos con denominación de orixe.
Pero estades ben equivocados.
Somos moitos os galegos e galegas non nacionalistas orgullosos da nosa lingua, da nosa bandeira, da nosa cultura, do noso folclore, da nosa paisaxe, … Somos moitos e moitas as que tratamos de defender a nosa identidade sen tratar de impregnala e intoxicala con ningún tipo de ideoloxía, simplemente por amor ao país, como agora dicimos.
E vós sempre excluíndo. E despois dicides que queredes facer País. Pois xa hai País, tal vez non é o País que a vos vos calza, pero a é o País no que todos os galegos e todas as galegas temos cabida. Un País feito entre todos e todas.
Deixade de excluír, que xa cansa.
Kike escribiu:
A min gustame mais “Galicia”, non pensemos que a identidade se construye diferenciándose do outro. Se somos “Galicia” non busquemos palabras distintas.
Miguel escribiu:
Sobre exclusións:
1) xamais ofendin a ninguen por usar outra normativa de calquer idioma
2) xamais ofendin a niguen por usar outra língua
3) a min si que me agrediron por falar galego ou escrever/dicer Galiza ou mesmo por escrever “ao” que agora seica xa é “oficial”.
4) E remato: entre os agresores: xente da Faxega e XXSS na cidade da Coruña. (Galiza)
Uns defendemos o galego e outr@as estades contra del.
Para as próximas: PACTADE CO PP E ASUNTO RESOLTO!
Suso escribiu:
A “MON CERVO”:
“…ti non —lees— e sigues coa tua.”
“….chegando as comunidades autonomas —hay— un organismo que traballa….”
O QUE ESTA CLARO E QUE SE ES GALEGO FALANTE NON O USAS PARA ESCRIBIR. Un pode cometer todo tipo de erros ó tipear pero estes delatante.
RESULTA QUE SON OS CASTELAN-FALANTES OS QUE QUEREN IMPOÑERNOS O NOME DO NOSO PAIS. Ademais moitos de vós, deputadiños do PSOE falades galego só no Parlamento e por obriga. Os da Coruña ademais fan o que poden para facer “guerra suxa” contra os do BNG. Non sodes socios?
Eu habitualmente digo Galicia, pero creo que Galiza e un nome mais “enxebre”, galego 100% e que debe ser respeitado.
Suso. Bertamiráns
MON CERVO escribiu:
Mira Suso:
Eu son unha persoa que falo e escribo en galego por que foi o idioma que mamei e que me ensinaron meus pais e meus abós.
Si ös meus coñecementos non son do teu agrado,pois a joderse toca, eu falo e escribo como sei e esforzome en aprender en canto teño ocasión.E preguntome que es ti para calificarme como Castelan falante. Si tamen sei falar castelan e ogallá soubera falar moitos máis idiomas.
Sodes ademais manipuladores das palabras dos outros.
Ademais eres un malfalado, ningun dos deputados autonomicos de GALICIA merecen ser calificados dese xeito xa que nos representan a todol@s galeg@s.
Ademais de que carallo falades de pactos. Informadevos do que fai o BNG en Ribadeo e en LUGO que primeiro critica que os demais pacten co PP e despois van eles a pactar por detrás, Que Hipocritas sodes.
Ademais vindes a dar clases de todo por que vos credes entendidos en todo e o unico que realmente sodes e un grupo de desleigados nacionalistas que tendes uns plantexamentos máis sectarios, elitistas e demagoxicos. E quen sabe se coma HITLER credes na supremacía da raza NAZI-ONALISTA.
Mira Suso. Os gobernos que nos gobernan non se guian pola enxebreza das cousas, senon pola sua legalidade ou no caso da lingua polo estudo da RAG que e quen esta licitamente autorizada para este traballo.
Ti queres poñer GALIZA pois pona se eres feliz e cando poñas o idioma que falas GALEGO-PORTUGUES.
E xa para rematar decirche que si GALIZA debe de ser respetada GALICIA merece como minimo o mesmö respeto.
NON CHE PARECE
pd Espero non che moleste a miña otografia nin a miña forma de falar pero eu non che son tan listiño coma ti crees que es.
Miguel escribiu:
Enfin en vista das barrabasadas ditas por alguns ( de Nazionalistas…enfin sobran os comentarios) e para que vexades que non todos somos cabestros amestrados, COPIO/ PEGO directamente da FRIKIPEDIA. Conservade as formas e o sentidiño, ainda que só sexa o do HUMOR.
Botade uns RISOS. Galegos de Galiza/Galicia:
“”
Lingüística:
En Galicia conviven en perfecta armonía ocho (por lo menos) lenguas romances, lo cual le confiere una riqueza inédita: el Gallego, el Castellano, el Castrapo, el Curuñés, el Chapurrao, el Xunteiro, el Portuxés y el Vigués.
* Gallego. Idioma oficial en el mundo entero según la UNESCO . Deriva directamente del gallego el latín.
* Castellano. Hablado por vallisoletanos aclimatados a Galicia. Palabras castellanas son colo (regazo) y reseso (pan viejo reblandecido por la humedad). El castellano es una forma arcaica (aunque evolucionada) de gallego.
* Castrapo. Hablado por el 90% de la población. Es el gallego moderno. Una frase típica de castrapo es:
“O tapartas o voute fostiar, lanjrán!”
* Curuñés o Coruño. Hablado por un sector marginal de la población de Coruña, también conocida como los buahneno, los chorvonenos o los quinitos. Una frase típica de curuñes es:
“buah neno, caché a la ja de mi plas kilando con mi puril.en mi kel! flipa chorbo! parecían dos
chukeles. Le estaba jalando las bufas! y luego le petó el bul! que muvi!”
…que traducido al castellano significa:
“oye tío pille a la novia de mi hermano follando con mi padre en mi casa, alucina tío, parecían dos
perros, le estaba comiendo las tetas y luego le rompió el culo, qué movida”
Variantes del coruñés se hablan en Ferrol (”el nacho de la Coruña ese es un conacho”, idioma chapafina [la expresión es intraducible, pero le está llamando gilipollas]), y otras villas gallegas, como Buenos Aires.
* Chapurrao. También llamado “Lingua Conselleira”. Es el intento de los que hablan castellano de hablar castrapo. Es uno de los más patéticos. De hecho no posee todavía Real Academia, como el resto de lenguas gallegas.
* Xunteiro. Koiné, es decir, unificación artificial del idioma, que es considerada como lengua oficial. Es el idioma en el que se escriben las publicaciones de la Sunta y el que se difunde en la TVG y Radio Galega, medios públicos.
* Portuxés. Idioma hablado en algunas de las provincias externas de Galicia, como Portugal, Brasil y Angola.
* Vigués. Idioma hablado en Vigo, variante del castrapo mezclada con Portuxés, pero con colocación incorrecta de los pronombres átonos y la substitución del término ‘ver’ por el termino ‘mirar’ en cualquier contexto. Se caracteriza por el empleo de la segunda persona singular del pretérito indefinido de Indicativo junto con la partícula “s”, exempligratia: “mirastes” “fuistes” etc, además de denominar a los individuos vigueses como “ghichos” y a las mujeres como “ghebas”. Vulgarmente se refieren a los paquetes de Patatas fritas como “patatillas”. Habitualmene llaman “faros” a cualquier papel de periodico, indistintamente.
No obstante, aunque Galicia posee ocho lenguas romances, son fruto del genio gallego otros idiomas: el escandinavés, el alemán, el bable, el vascuence (no confundir con el euskera), el gondwanés -hoy extinguido, aunque se cree que Fraga lo habla en la intimidad- y por supuesto el klingon.
Con la expansión de los gallegos por el mundo, debido a los grandes negocios que regentan tales como: venta de botafumeiros de llavero, de catedrales en miniatura y el santo que apostó lo todo, sombreros de paja, … Se empieza a vislumbrar un aumento del uso de otros idiomas como el inglés, que ya en su época el Generalisimo por la Desgracia de Dios y de todos nosotros, Francisco Franco lo puso de moda al hablarlo en la intimidad. Vease un esbozo de su gran dialéctica.[2]
Guía rápida para hablar castrapo
“”
FONTE: http://www.frikipedia.es/friki/Galicia
Abel escribiu:
Nin Galicia é un país nin debería chamarse Galiza.Máis que nada,porque os do BNG que tan progresistas din que son,non fan máis que acudir ao pasado para rescatar termos da lingua medieval,incluso algúns é a lingua que falan(e logo iso,definense como progresistas,¡¡ja!!.A lingua medieval está moi ben como parte da nosa cultura,pero non podes retrotraerte á lingua medieval polo simple feito de que é a lingua de cando Galicia era unha nación ou polo feito de distanciarse do castelán.Que se deixen de tonterías e que permitan ao galego seguir o seu curso natural,evolucionando como lingua,como lingua propia e lingua de futuro.Saúdos.
PSCLugo escribiu:
Imos ver ¡ho! Alfonso D. R. Castelao tamén lle poñía un “H” a España e escrebía Hespaña, eso non quer dicer que teñamos que por Galiza e que por eso somos máis Galegos. Non sei porque os popes bloqueiros teñen que teren más razón co resto. Si en latín de Roma era Gallecia de onde sacan estes talibás que o correcto é Galiza. Eso non quere dicer que non sexa unha forma de nome da nosa nación o traveso da historia, tal e como Galecia ou como a Galitzia de a actual Polonia
TULIX escribiu:
Di o Sr Bieito que ten que falar con vostede deste asunto. Afirma que xa vale de dar puñaladas traperas cando non deixa de sacarvos as castañas do fogo ante a mala xestión da vosa conselleira…
Mira que se cabrean os “socios”
Ventoenpopa escribiu:
“Las Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, el único texto oficial de la Real Academia Galega, aprobado en julio de 2003, establece que Galicia, “voz legítima gallega”, es la “denominación oficial del país y mayoritaria en la expresión oral y escrita moderna”.
Sin embargo, señala que Galiza “es también una forma legítimamente gallega, ampliamente documentada en la época medieval, que fue recuperada en el gallego contemporáneo”.
En resume para quen queira (e saiba) entender:
Galicia é a Galiza
como Lage é a Laxe.
Galiza é a fórmula preferida polos que a consideramos léxítima por ser a orixinaria, a primeira, a anterior á influenza do castelán, por eso se conserva así en portugués… por eso tanto interese en eliminala do mapa por parte dos que por costume, ignorancia, autonoxo ou vontade política contribúen ó avanzo da nación… española. O teu, Laxe é unha mistura de todo “in crescendo”
En canto a ti:”dicir” que galicia é oficial (eso xa o sabe todo dios:a RAG non admitía GALIZA cando se aprobou o estatuto actual)e esquecer as normas actuais da RAG descóbrete como un auténtico demagogo. Pero ben, deso tamén se come, non sí?