O pasado sábado reuníase de xeito extraordinario o Consello Galego de Pesca, presidido pola conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego.
No citado Pleno do Consello, a Xunta de Galicia informou ó sector pesqueiro das medidas e accións que está tomando o goberno de Galicia e as xestións que está realizando diante do Goberno de España para abordar a actual situación derivada do prezo dos combustibles.
A Conselleira destacou que se trata dunha acción acadada tralas xestións realizadas polo Goberno galego diante dos ministerios de Industria e Economía, tendo como consecuencia a exención do pago do imposto de hidrocarburos para a frota de gasolina, unha medida que beneficiará a todas as embarcacións de baixura da nosa comunidade autónoma que empregan este combustible.
O Pleno do Consello Galego de Pesca tamén aprobou por unanimidade o rexeitamento dos actos violentos rexistrados nos últimos días en relación co paro do sector pesqueiro.
Outra das cuestións abordadas no encontro foi a proposta do Goberno central de bonificar o 50 por cento das taxas portuarias durante un ano nos portos de interese xeral do Estado. Esta iniciativa deseñarase en Galicia en base a unha orde de axudas da Consellería de Pesca por valor de 2,5 millóns de euros, destinados ás entidades que xestionan as lonxas ubicadas en portos da nosa comunidade e cuxo obxectivo sería mellorar a comercialización.
O Goberno galego sigue traballando para mellorar as condicións de vida dos traballadores do mar.


maruxa escribiu:
Lendo estas lineas non poido deixar de recordar os “partes” radiofonicos do reximen anterior onde todo era paz e ben en España y so saian noticias de conflictos no exterior.
Que bonito eso de: “O Goberno galefo sigue traballando para mellorar as condicions de vida dos traballadores do mar”
So faltaba ler, en semellanza a propaganda do reximen: ” En San Caetano polas noites vese unha luceciña sempre encendida, e o noso Presidente traballando, sen descando, por todos nos”
Saúdos cordiais