As galegas e os galegos respaldaron onte 20 de Febreiro a futura constitución europea.
A participación neste proceso foi do 43,02% do censo, 985.097 galegos e galegas, acudiron ás urnas.
Escrutado o 99,11% dos votos emitidos en Galicia, os votos afirmativos supoñen o 81,33% dos sufraxios, o respaldo ó non é do 12,18% e o voto en blanco equivale ó 6,49%.
Estiven na sede nacional do PSdeG seguindo o proceso electoral xunto ó persoal técnico e político que traballa alí tódolos días, e tamén xunto a compañeiras e compañeiros do Grupo Parlamentario e da Executiva Nacional. Touriño fixo dúas comparecencias e trasladou o agradecemento á cidadanía polo seu compromiso nas urnas, polo respaldo obtido polo SI e afondo nunha idea moi importante: gañaron os cidadáns, gañou Galicia, España e Europa.
É un gran día para Galicia e para España, é un día feliz xa que dalgún xeito poidemos combatir os malos augurios dunha participación por debaixo do 40%, listón ineludible, xa que a dereita española marcou como mínimo indispensable alcanzar esta cifra de participación.
Acebes e a súa libre interpretación
Aínda así Acebes di na noite do referendum : ” Zapatero sólo fue capaz de convencer a cuatro de cada diez españoles para que fueran a votar, es un fracaso del gobierno.” Na sede do PSdeG, algúns xornalistas non daban crédito ó que escoitaban, un dicía : “ousexa que Rajoy entonces según Acebes non convenceu a niguén para que fora votar, xa que Zapatero convenceu a catro de cada dez. Increíble”.
Non creo que sexa para dar saltos de alegría, é menos do 50%, pero non é menos certo que vai en consonancia cos niveis de participación do conxunto de Europa cando se trata de procesos que versan sobre a Unión Europea. É un resultado digno, que axudará a outros Estados á hora de celebrar consultas-referendums sobre o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa.
Portugal hoxe e Agora Galicia
Aproveito para destacar tamén unha boa nova, o PS arrasou nas eleccións lexislativas en Portugal, acada a maioría absoluta, sendo unha victoria histórica. Os portugueses precisan de estabilidade politica e agardemos que José Sócrates poida continuar as tarefas de modernización que comezara xa Antonio Guterres, ánimo e adiante.
Resultados provisionais nas eleccións lexislativas no veciño Portugal
Composición do Parlamento:
PS————2.573.302—45.05%—-120 escaños (+25) Maioría Absoluta
PPD/PSD–1.638.931—-28.69% —72 escaños (-30)
PCP-PEV–432.139——-7.57%——14 escaños (+2)
CDS-PP—-414.855——-7.26%——12 escaños (-2)
BE———–364.296——6.38%——8 escaños (+5)
En Galicia farémos posible o cambio, tendo no PSdeG a forza que derrotará á dereita galega.
Eso será no momento en que Fraga Iribarne decida a convocatoria electoral, namentras comeza xa unha precampaña que será intensa e que servirá para recoller aquelas suxerencias e aportacións que vaian dirixidas a mellorar o noso País, Galicia.

