Galegos na rede?

 enredad@s

O pasado venres participei nas Xornadas Enredad@s, mocidade e internet organizada polo Consello da Xuventude de Galicia.

Participei nunha mesa moderada por María Yañez e na que estiven con Marcus, Wicho, Manolo Bragado e Roberto Noguerol, na que tentei explicar o porqué do meu blog. Penso que a política galega está aínda en pañais no que se refire á presencia en internet.

Wicho fai un magnifico resume desta mesa; tamén Bragado recolle no seu blog o discorrer da nosa participación. Creo que ámbolos dous recollen moi ben diferentes aspectos das nosas aportacións. Penso que quedan moitos galegos por estar presentes na rede, un bo número de homes e mulleres que teñen moito que aportar a internet.. . .

A gran asignatura pendente en Galicia é facer que a banda ancha chegue a tódolos fogares de Galicia. O goberno que preside Zapatero acaba de aprobar un anteproxecto de lei que garantice a universalización do acceso á banda ancha. O obxectivo: que no 2007 tódolos cidadáns teñan posibilidade de acceder á rede a través da banda ancha.

 Teño que decir que me sentín moi a gusto coas persoas coas que compartín experiencia, o que da sempre pé a anécdotas e intercambio de opinións tanto dentro da xornada como fóra dela.



Un comentario para “Galegos na rede?”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>