Fraga e Iribarne: a Abstención sin condón

Nunca nos deixará de sorprender o Presidente fundador do Partido Popular. Don Manuel volve a ser Fraga os días pares e Iribarne os impares. Agora volve a evitar o uso do condón e lanzase a proclamar que a abstención é lexítima e o sí un mal menor.

Xa ven, Don Manuel en línea coas rancias institucións da Iglesia, a Conferencia Episcopal, non ve mal a abstención no proceso de consulta que está a facer o goberno do Estado, a través dun referendum sobre o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa.

O Partido Popular está a utilizar a campaña do referendum para sembrar a discordia. Os socialistas seguimos a divulgar o texto, a informar, a defender os valores nos que creemos.Acebes amenázanos, Rajoy di defender o Tratado, Losantos chama a un voto de castigo a ZP, e don Manuel depende. Uns días é Fraga e fala dos fondos europeos e do importantes que son, a pesares de que el e o goberno que vén presidindo dende fai 15 anos non lle teñan dado un bo uso a ditos fondos, e outros días, coma na pasada fin de semana, é Iribarne e retrocede no tempo e di iso de que «Lo mismo el sí, que el no, que la abstención son lícitos», para rematala di que “defiendo el sí, porque creo que es un mal menor».

Temos un presidente da Xunta que volve a caer na tentación de non remar para o conxunto, de decir que Sí á Europa coa boca pequena, sen participar na campaña, agochándose e dicindo que ten máis cousas que facer. Un Fraga que se transmuta en Iribarne e pasa de pedir que se quiten os votos de debaixo das pedras cando é para ós seus intereses partidistas a pasar olímpicamente e facer absentismo na campaña a prol do Sí.

Esta imaxe da dereita anclada no pasado xa debía de estar superada. Debía ser so un vestixio da historia. Coma case sempre, ó final quedan os sindicatos, os empresarios, os movementos sociais, os intelectuais, e o Partido Socialista como firmes defensores da construcción europea e dun modelo social europeo máis pendente das persoas que das bandeiras.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>