A verdade é que esta foto é unha das moitas boas e interesantes que ten tirado un informático con alma ferrolana e tamén barbanzana.
Pensei que merecía unha referencia xa que se buscas no flickr fotos sobre Ferrol aí están as súas á cabeza, como as máis interesantes ou ben como no caso da que acompaña este post como a máis relevante.
A ver para cando esas fotos da ría de Muros-Noia?



xaime escribiu:
Oes, que non é para tanto.
Ademais eu non son informático, iso só e un hobby. Eu son un artista.
Brais escribiu:
Coincido plenamente con Xaime. El é un “tremendo” artista, eu quedei namorado das súas fotos, e en xeral de todo o que fai. Un saúdo