Feijóo veta a reforma do estatuto de Galicia

 reunión Monte Pío-17-01-2007(Touriño-Quintana-Feijóo)

Feijóo non estivo á altura das circunstancias e Galicia perdeu unha ocasión importante para mellorar o noso autogoberno.

Haberá que agotar tódalas posibilidades que ofrece o Estatuto vixente para non perder pé no federalismo de base competitiva que está desenvolvéndose en España.

A situación persoal de Feijóo no PPdeG impediulle poñer por diante os intereses de Galicia antes que os seus persoais. Touriño sí fixo esforzos importantes para que houbese un punto de encontro entre as tres forzas políticas.

Feijóo, é un lider político pendente de refrendar nas urnas o seu liderazgo interno. A primeira ocasión que terá, serán nas vindeiras eleccións municipais. Esta situación ó meu xuízo, condicionou a súa actuación política.

Penso que pesou moito máis esto último, que a dinámica estatal de confrontación entre as dúas grandes forzas políticas, PSOE e PP, a pesares de que a posición do PP diante do Estatuto de Cataluña condiciona os movementos que Núñez Feijóo pode facer en Galicia. 

A reforma do noso Estatuto de Autonomía fracasou, a pesares do bo traballo e esforzo dos membros da ponencia. En especial quero destacar a laboura dos compañeir@s do PSdeG, Ismael Rego, Beatríz Sestayo, Pablo López e Xoaquín Fernández Leiceaga.

Haberá novas oportunidades para alcanzar a reforma e mellorar os nosos mecanismos de autogoberno. 



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>