As eleccións en Euskadi trouxeron un resultados que para min significan :
A sociedade vasca é moi plural, non existen forzas que alcancen maiorías suficientes
Hai máis de 150.000 euskaldúns que optan por opcións electorais encuadradas na esquerda atberzale.(PCTV + Aralar)
A dereita en Euskadi tivo un claro retroceso electoral(PNV e máis PP baixaron 4 + 4: 8 escaños)
O PSE-EE é a forza emerxente e gana unha posición de centralidade na vida política de Euskadi.
Zapatero pode afrontar con maiores garantías as reformas estatutarias.
A estratexia da demonización que adopta o PP non ten resultados electorais positivos, e o PNV terá que mudar a súa estratexia, xa non está Aznar como excusa, para practicar o victimismo.
O diálogo é a arma fundamental para mudar o frentismo en Euskadi.
As posicións de Redondo Terreros, Rosa Díez e Mayor Oreja foron superadas pola volta ás posicións históricas do PSE-PSOE.
O PSE-EE ten nas súas mans moitas chaves, pero hai tempo para ir construindo … dende o meu punto de vista.
Agora ben, igual que en Galicia,cando toque, as decisións en Euskadi deberán vir da man dos socialistas vascos.

