Na véspera do Día Nacional de Galicia, participo no programa Faladoiro de Correo TV que dirixe Susana López, para analizar a situación de Galicia casi dous anos despois do cambio político que levou a Touriño á presidencia da Xunta.
No programa tamén teremos a oportunidade de falar dos retos que ten o noso país.
Compartirei a mesa con Diego Calvo, do PPdeG, Xosé Ramón Paz Antón, do BNG e con Luis Pousa, subdirector do xornal El Correo Gallego.


Marcus escribiu:
Unha mágoa que non o poida ver
Supoño que as túas intervencións sexan tan boas coma sempre.
lage escribiu:
Bueno, agardo facelo o mellor posible. Penso que non só se trata de facer balance senón tamén de falar dos retos que temos por diante, dos debates mundiais pendentes de abordar: a enerxía e o crecemento sostible, a natalidade e os movementos migratorios, etc … isto tamén é moi importante para Galicia e pouco se reflexiona sobre algúns temas …
unha aperta, Marcus
isa lema escribiu:
benquerido lage,
dado que os que estaremos de festa non o poderemos ver, estaria ben grabalo e despois colgalo de youtube, e así, cun link, poderemos velo á volta do feriado.
unha aperta!
Dani escribiu:
Feliz 25 de Xullo!