España pide á UE medidas urxentes a favor da Pesca

O Goberno de España pideulle a semana pasada á UE unha modificación do Fondo Europeo de Pesca para aplicar medidas urxentes que axuden ó sector pesqueiro. Este sector está a sufrir dificultades, entre outros motivos, pola alza no prezo dos carburantes.

España ten como aliados a Francia, Portugal, Italia, Grecia, Eslovenia e Malta na petición á Comisión Europea (CE) da utilización de fondos comunitarios, así como o cofinanciamento por parte do Fondo Europeo de Pesca (FEP), para a adopción de medidas de urxencia ante o incremento dos custos de produción no sector pesqueiro.

O Consello de Ministros da UE ten tamén un importante papel a desenvolver neste problema, e imos ver as decisións que se adoptan entre xuño e xullo, tanto nas medidas a corto plazo como nas decisións de carácter estructural.



Un comentario para “España pide á UE medidas urxentes a favor da Pesca”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>