Durante este fin de semana e dende o venres 24 ata o domingo 26, as mocidades socialistas de Galicia organizan a Escola de Formación anual que este ano célebrase no municipio coruñés de Sada.
Este evento reune a cuadros xóvenes do socialismo galego co gallo de adquirir unha formación específica en determinadas áreas de traballo. Nesta ocasión, as xornadas formativas están orientadas ó coñecemento dos concellos galegos, o seu funcionamento e a participación nas tarefas municipais coa vista posta nos vindeiros comicios locais que se celebrarán en maio do 2007.
O programa tamén ten en conta o momento político actual no que se está a reformar o Estatuto de Autonomía de Galicia e onde os socialistas xogamos un papel fundamental para conseguir un consenso do conxunto das forzas políticas galegas.
Un ano máis acompañarei as miñas compañeiras e compañeiros das XSG nesta fermosa tarefa de formación e participación no seo da organización xuvenil do Socialismo galego.



LuisG escribiu:
Tod esta ben, mais a redaccion que fai Lage asemellase moito as noticias do NO-DO dando conta das actividades da Seccion Femenina no “Castillo de la Mota”.
José Manuel Lage escribiu:
Estimado Luis, sinto que a redacción non sexa do teu agrado, mais a miña intención no pasa por emular ó NO-DO.
Decirche que dende o meu punto de vista, é un resume subxetivo do que un pensa que vai ser a devantida actividade que esta fin de semana celebrou XSG, nin máis nin menos.
Myriam escribiu:
Bueno Lage, después de seguir” a escondidas” tu blog, me he decidido a dejarte constancia de que desde el otro lado del mediterraneo, en un pequeño flotador al que llaman Mallorca, hay alguien que sigue a diario vuestras victorias, vuestro sufrimiento, vuestras alegrias y vuestras penas.
Un besado de ánimo y admiración
lage escribiu:
Ola Miriam, me alegra mucho tu anotación. Espero que ahí en Mallorca también la lucha por las ideas, la esperanza e ilusión de una sociedad mejor, estea presente en tu trabajo cotidiano.
Me alegra saber de ti. Aquí tienes tu rincón para escribir y opinar. Espero que lo hagas.
Besos