Escola de Formación das XSG

 Escola de Formación das XSG

Durante este fin de semana e dende o venres 24 ata o domingo 26, as mocidades socialistas de Galicia organizan a Escola de Formación anual que este ano célebrase no municipio coruñés de Sada. 

Este evento reune a cuadros xóvenes do socialismo galego co gallo de adquirir unha formación específica en determinadas áreas de traballo. Nesta ocasión, as xornadas formativas están orientadas ó coñecemento dos concellos galegos, o seu funcionamento e a participación nas tarefas municipais coa vista posta nos vindeiros comicios locais que se celebrarán en maio do 2007.

O programa tamén ten en conta o momento político actual no que se está a reformar o Estatuto de Autonomía de Galicia e onde os socialistas xogamos un papel fundamental para conseguir un consenso do conxunto das forzas políticas galegas.

Un ano máis acompañarei as miñas compañeiras e compañeiros das XSG nesta fermosa tarefa de formación e participación no seo da organización xuvenil do Socialismo galego.



4 comentarios para “Escola de Formación das XSG”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>