Enredad@s, xornadas sobre mocidade e internet

 CARTEL-DAS-XORNADAS CXG

 

O vindeiro mes de Novembro participarei no encontro “Enredad@s, xornadas sobre mocidade e internet” organizado polo Consello da Xuventude de Galicia co obxecto de dar a coñecer as potencialidades da rede e aportar novas ideas para a difusión de recursos dispoñibles para persoas emprendedoras.

Nestas xornadas haberá debates e conferencias, nas que participarán directivos de Google e Microsoft en España. O programa das mesmas inclúe un curso de formación “Weblogs. O meu espazo na rede. Comunicación e marketing” que se impartirá ó longo de tres días. A asistencia a estas Xornadas está recoñecida cun crédito de libre configuración por parte das tres universidades galegas .

Participarei  o venres na mesa redonda, “Hai un galego na rede” xunto a María Yañez, directora de Vieiros, Manuel Bragado, Director de Edicións Xerais, Marcus Fernández, subdirector da revista Código Cero e Javier Pedreira (Wicho), editor do weblog “Microsiervos”.

Tamén poderedes asistir a unha Conferencia de Enric Sopena, xornalista de longa tradición en diferentes medios de comunicación e editor do xornal dixital “El Plural.com”.

Anímovos a que participedes nestas xornadas e aproveito a ocasión para felicitar ó CXG pola organización destas xornadas.



4 comentarios para “Enredad@s, xornadas sobre mocidade e internet”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>