O vindeiro mes de Novembro participarei no encontro “Enredad@s, xornadas sobre mocidade e internet” organizado polo Consello da Xuventude de Galicia co obxecto de dar a coñecer as potencialidades da rede e aportar novas ideas para a difusión de recursos dispoñibles para persoas emprendedoras.
Nestas xornadas haberá debates e conferencias, nas que participarán directivos de Google e Microsoft en España. O programa das mesmas inclúe un curso de formación “Weblogs. O meu espazo na rede. Comunicación e marketing” que se impartirá ó longo de tres días. A asistencia a estas Xornadas está recoñecida cun crédito de libre configuración por parte das tres universidades galegas .
Participarei o venres na mesa redonda, “Hai un galego na rede” xunto a María Yañez, directora de Vieiros, Manuel Bragado, Director de Edicións Xerais, Marcus Fernández, subdirector da revista Código Cero e Javier Pedreira (Wicho), editor do weblog “Microsiervos”.
Tamén poderedes asistir a unha Conferencia de Enric Sopena, xornalista de longa tradición en diferentes medios de comunicación e editor do xornal dixital “El Plural.com”.
Anímovos a que participedes nestas xornadas e aproveito a ocasión para felicitar ó CXG pola organización destas xornadas.



Marcus escribiu:
Lage, agardo con inquedanza que coincidamos na mesa redonda. Mola iso de estar considerado o primeiro político galego con blog, ¿eh?
Unha aperta.
José Manuel Lage escribiu:
Marcus, eu tamén teño ganas de coincidir contigo… cantos anos hai que che coñezo e nunca pensei que coincidiramos nestas cousas. En ti é normal, en min, non tanto. A miña presencia na rede débese a influencia do gran amigo Xaime.net, que foi quen me animou a dar o salto á rede no 2004. O de ser o primeiro político con weblog… non é que mole, home, tamé…seguro…pero só se trata dun feito real…..jajajajaj
Unha aperta
Marcus escribiu:
Si, Xaime xa me comentou que foi el o que che meteu no vicio dos blogs. A verdade é que es case a única persoa da mesa redonda na que non coincidín nun contorno semellante (pois a ti sempre te atopei noutro tipo de encontros, agás no Rede de Blogs, claro).
Supoño que terás moi boas achegas que facer á mesa, xa que serás un dos poucos políticos presentes (non sei se considerar a Bragado político). Por se acaso vén preparado, porque o debate de se os políticos deben ter blogs é un tema recorrente e seguro que alguén o mencionará.
Miguel Angel escribiu:
Bueno, solo comentarle, que estaré con ustedes solo que mi mesa redonda será a primera hora; pero les escucharé con atencion.
Sin más:
Miguel Angel Segovia
Coordinador Proyectos Junta de Extremadura