“Non foi sen tempo…” decía unha veciña de Ribeira esta semana cando alguén lle decía que ían comezar as obras da autovía do Barbanza.
E é entendible xa que durante dezaseis anos de goberno do PP na Xunta de Galicia esa misma veciña veu na prensa como cada ano lle anunciaban que ían desdoblar a mal chamada vía rápida e ían facer unha autovía.
Cuiña, Núñez Feijóo, Fraga, Torres Colomer, Isaac Maceiras, Romay Beccaría… as hemerotecas amosan anuncios e máis anuncios dos dirixentes populares sobre a realización dunha autovía para o Barbanza.
Agora o goberno galego presidido por Touriño, co impulso e apoio dos socialistas do Barbanza anuncia o comezo das obras da autovía para a primeira quincena de outubro. Estamos diante dunha boa noticia, e mellor será aínda cando tódolos cidadáns poidamos desfrutar desta nova vía de comunicación a comezo do ano 2009.
Recortouse o tempo de execución inicial fixado en 36 meses, e pasa a ser o prazo de 27 meses para levar a cabo a citada obra, cuestión significativa, tamén dende o punto de vista da seguridade vial.
Rematar coa sangría de mortes e accidentes da vía rápida do Barbanza é unha prioridade e a realización dunha infraestructura como a autovía ten tamén que axudar a disminuir a mortandade por accidente de tráfico na nosa bisbarra.
O dito, que comparto coa veciña de Ribeira a exclamación de “Non foi sen tempo..”; e precisamente para iso nos elixiron os cidadáns para rematar coa desfeita que deixaron os anteriores gobernos.



Inés escribiu:
Tampouco sería sen tempo o arranxo de certas estradas comarcais. Levan xa moito tempo pedindo a berros un novo asfalto. Saúdos.
Non ao viaduto en Outes!!!! escribiu:
NON AO VIADUTO NA NOSA RÍA!!!!
NON Á VARIANTE DE OUTES!!!!
MANIFESTACIÓN VENRES DÍA 6, ÁS 12.00 EN SAN CAETANO
La Plataforma contra o Viaduto de Outes acusa a Lage de ocultar informes
M. G.
La Plataforma contra o Viaducto de Outes acusó ayer al diputado socialista José Manuel Lage de “ocultar deliberadamente” los informes de la obra cuando publicó otros similares del puente que se iba a realizar en Noia. El colectivo ha convocado una nueva manifestación en Santiago para el próximo viernes como muestra de rechazo a ese proyecto .
Veciños escribiu:
Uiii, como me soa o anterior comentario a iso da “navallada na terra”.
Manuel Lema Sieira escribiu:
Non rectifacar e de necios