El rojo y el banquero. Así titulaba Fernando Ónega su artículo en La Voz para dar cuenta del encuentro de José Luis Rodríguez Zapatero y Emilio Botín en Boadilla de Monte (Madrid) donde tiene su ciudad financiera el Banco Santander.
Si tenemos en cuenta la crispación vivida en estos últimos dos anos en Madrid capital a cuenta de que España iba a romper, que los socialistas habíamos vendido Navarra a ETA y una sarta de barbaridades más proclamadas a los cuatro vientos por una parte significativa de la derecha sociológica, … entiendo que ahora un encuentro entre el presidente del Gobierno de España y el presidente de la mayor entidad financiera española sea noticia … cuando en realidad debía de ser un hecho bastante normal.



thaharsidd escribiu:
¿por que se reune só co presidente do BSCH e non se reune co resto? Déixame pensar.. ah! Botín foi o que o chamou a noite do 13 ao 14 do marzo para anticiparlle que o máis probable é que gañase as eleccións. Cada un dos dous grandes bancos apoia a cadanseu partido político e, sinceramente, si é noticia que se reuna sempre co mesmo.
Falemos da financiación dos partidos políticos.
E tes toda a razón, non entregastes Navarra a ninguén porque a dereita goberna por vós e decide cos seus medios de comunicación con quén podedes e non podedes pactar. E tedes que aceptar o xogo se non queredes perder o poder.
lage escribiu:
Bueno, é unha forma de velo. Penso que non é un feito noticiable ó punto de ser escandalosamente noticiable como foi.
Falemos da financiación dos partidos políticos o que queiramos, entre outras cousas, decir que o PSOE pulou por sacar adiante unha lei de financiación dos partidos políticos e aí están os resultados para ver.
En Navarra, o PSN é a terceira forza política por desgracia para todos, as interpretacións son libres e as miñas opinións sobre este particular xa as din noutra anotación.
Non comparto as túas afirmacións sobre os medios de comunicación, xa que o PSOE é unha organización autónoma e independente.
Saúde
thaharsidd escribiu:
só faltaría que opinases o mesmo ca min.. xD (sorriso sincero)
estou agardando por esa lei de financiación.
imaxinas que se demonizase ao BNG ata o punto de que Ferraz impidese un acordo para gobernar hai dous anos porque a proximidade electoral lle impedía arriscar graneiros de votos do centro do territorio? en fin, non é por falar de Navarra, nin por voltar aquí ao que puideches comentar noutro punto, pero supeditar o futuro dos cidadáns a cálculos electoralistas para a gobernabilidade estatal é triste; efectivo pero triste.
¿onde vai o federalismo asimétrico e o novo proxecto territorial? esfumouse coas calculadoras. Nese debate gañou a dereita, coma na Transición, e as cousas quedaron como estaban.
Por iso é noticia reunirse cun banqueiro, porque para manterse no poder Aznar baseouse nos resultados económicos, o mesmo que fará agora ZP. Porque non hai discurso de calado, nin proxecto que vendernos.
lage escribiu:
Non sei si coincidimos en todo ou en nada, eu resposto ó que tes formulado nos teus comentarios.
Imos ver, de Zapatero pódense decir moitas cousas, pero non que non teña proxecto. Pode gustar máis ou menos. Hai quen o considera o primeiro presidente de esquerdas dende a Constitución de 1978.
Será do teu agrado ou non, pero o PSOE hoxendía precisamente non está significado por ser tibio nalgúns aspectos de orde social ou na loita pola ampliación de dereitos dos cidadáns.
Saúde