
Dende fai uns días, a Xunta de Galicia permite o acceso ó DOG dende a súa primeira data de publicación.
Deste xeito a Consellería da Presidencia rachou unha eiva que tiñamos todos os galegos e galegas, xa que ata o de agora só podíamos ver o DOG dos últimos quince días.
Pequenas cousas, feitos coma este, que permite que o Diario Oficial de Galicia poida leerse a través de internet sin pagar e sen trabas, son avances nos servizos á cidadanía, e como tales son ben recibidos.


carmen escribiu:
Sómentes unha precisión. Ata agora podían consultarse de xeito gratuito os ultimos 30 días do DOG ( o cal era claramente insuficiente). O que se fixo foi este ano foi eliminar a suscripción de pago para acceder aos contidos dos DOG dende o ano 1995; pero os sumarios (sen texto) do DOG desde a etapa preautonómica sempre foron consultables.
É a mesma estratexia que seguiu á web do BOE, que nos seus primerios anos somentes ofrecia 30 días gratis e para ver os anteriores había que pagar. A gran diferencia é que o BOE agora non só ofrece o acceso libre ao BOE electrónico senon tamén ás súas bases de datos xurídicas cuxo valor engadido vén da mano dos documentalistas do BOE que analizan cada disposición para que , entre oturas cousas, se poda buscar por materias (non por literias do texto) e saber se unha disposición están vixente ou non, ou se foi modificada ou desenvolvida por algunha outra disposición , etc.
¿Cando teremos algo así en pa a lexislación galega? ¿no é unha vergonza ter que recurrir a bases de datos comerciais para consulta-la nosa propia normativa, ou no ter textos dixitais consolidados das disposicións na nosa lingua?
Ademáis está o tema dos formatos. Mentres o BOE ofrece cada disposición do BOE en formato PDF e HTML , no DOG se precisas algunha disposición anterior ao ano 2001 tes que descargar o PDF do DOG enteiro ou conformarte co formato HTMl que ten problemas coas táboas e as imaxes .
lage escribiu:
Ola Carmen, tes razón nas precisións que fas, e agradezoche a túa aportación a través deste comentario.
Creo que a nivel estatal se ten avanzado e así esta reflexado no teu comentario. Agardo que estos avances tamén se poidan plasmar na Administracción Galega.
Tomo nota do que aquí expos e pasareillo ós responsables do goberno da Xunta de Galicia que son competentes nesta materia.
Unha aperta