Onte participei no Hai Debate! da TVG. Nesta ocasión o tema a tratar era a acuicultura en Galicia e a polémica xerada pola confrontación de Pescanova co goberno de Galicia.
Quero expoñer aquí con claridade a posición que defendemos dende o PSdeG-PSOE ó respecto da acuicultura e da necesidade dun verdadeiro plan acuícula.
No primeiro semestre deste ano o goberno da Xunta terá elaborado o novo plan galego da acuicultura que contempla un 20% máis de espazos para construir que o plan aprobado polo Partido Popular cando xa perderan as eleccións no 2005. Ademais quixera destacar que tódolos terrenos están fóra de Rede Natura, protexendo deste xeito o medio natural.
O plan estase elaborando coa colaboración das principais empresas galegas do sector e unha das dificultades céntrase en poder atender as demandas do sector acuícola.
O novo plan no que traballa o goberno que preside Touriño, non só cumpre medioambientalmente senón que é un bo exemplo da aposta da Xunta polo desenvolvemento dunha actividade económica estratéxica para Galicia como é a acuicultura.
Apostamos por un crecemento ordeado onde se compatibilice o desenvolvemento económico coa protección do noso patrimonio ambiental e do medio natural.
Os intereses pariculares dalgúns nunca poderán estar por riba do medio ambiente ou dos intereses xerais da cidadanía. Ningunha empresa, por grande ou pequena que sexa terá máis privilexios que outras, polo tanto as reglas de xogo son iguais para todos.
Somos unha potencia na cría de rodaballo ou de lenguado, por poñer dous exemplos e tanto o PSdeG-PSOE como o goberno galego apostamos firmemente por seguir apoiando ás empresas que veñen liderando o cultivo de peixes en cautividade en Galicia.
A nosa posición é clara: transparencia, reglas de xogos, igualdade, e crecemento económico e urbanístico ordeado. O novo plan dará de seguro satisfacción a moitos empresarios do sector, xa que seguimos a apostar pola acuicultura, dándolle seguridade xurídica ós empresarios, preservando o noso patrimonio natural e planificando o desenvolvemento económico coa localización de espazos para a instalación de plantas acuícolas.
Espero que con estas notas poidera contribuir á difusión das nosas ideas como socialistas e como galegos.



anonimo escribiu:
un post y un blog ideológico y, si quieres, un poco panfletario, pero no mentiroso y, desde luego, documentado; entiendo que defiendas a quién te da de comer
lage escribiu:
Non teño costume de contestar comentarios anónimos. Só quero facer un apunte: O meu blog é ideolóxico en canto é un espazo dunha persoa con ideoloxía.
Sobre os comentarios restantes penso que se califican por si solos.
KdL escribiu:
Mentireiro
Todos os do P$oE arderedes no inferno… Non tedes ren
Deica
mendinho escribiu:
O outro día vin ao señor Lage no Hai debate da TVG con Bieto Lobeira e Balseiro. Aínda que se ve que aos dous xoves representates do bipartito lles falta esa rodaxe que da o governar durante varios anos, tanto Bieito coma Lage non o fixeron anda mal e explicaron varias cousas sobre a acuicultura que me pareceron bastante interesantes.
lage escribiu:
Mendinho, grazas polo teu comentario. Intentei dar tres ou catro claves que considero fundamentais: reglas de xogo, protección do medio natural, ordenación do litoral, aposta pola acuicultura e polo tecido empresarial e compatibilizar desenvolvemento económico con sostenibilidade. Agardo que noutras ocasións, se as houbese, poida facelo mellor.Procuro aprender día a día, con acertos e con erros.
un saúdo
anonimo escribiu:
¿cómo se casa con el post de un “compañeiro” de tú mismo partido e ideología? Creo que existen ciertas contradiciones…
http://ivanpuentes.com/2007/02/13/ponzos-sos/
ivanpuentes.com » Ponzos S.O.S. escribiu:
[…] Con respecto a algún comentario que relaciona contradictoriamente este post cun de Lage sobre Plano Galego de Acuicultura, quero apuntar tres cousas: 1. A miña posición, coincidente coa do PSdeG, sobre o desenvolvemento da acuicultura en Galicia é a que expón perfectamente Lage, compatibilizar esta actividade coa protección do litoral 2. Ponzos está incluído no BORRADOR dese Plano Galego de Acuicultura, do áque se trata é de que non estea no Plano definitivo 3. A Consellería de Pesca xa ten manifestado que non incluirá nese Plano final ningún espazo protexido. […]
:::Blog do Partido dos Socialistas de Galicia::: » Blog Archive » Ponzos está a salvo escribiu:
[…] O pasado 6 de febreiro nunha anotación neste espacio expresaba a miña posición e a do PSdeG-PSOE ó respecto do desenvolvemento do sector acuícola en Galicia. Algúns internautas apuntaron onte contradiccións entre o meu post e a anotación que escribía o meu compañeiro e amigo, Iván Puentes. […]
Dordo escribiu:
Afirmacións máis que discutibles:
- “A acuicultura é un sector estratéxico para Galicia”. ¿Por qué? (Distingamos entre acuicultura e granxas mariñas (aquí está a polémica); estas últimas xeneran menos de 500 postos de traballo en toda Galicia).
- “…tódolos terrenos están fóra de Rede Natura.”. Isto non é certo. Véxase o caso de Quilmas en Carnota.
- “compatibilice o desenvolvemento económico coa protección do noso patrimonio ambiental e do medio natural.” Non é posible tal compatibilización se se conculca a vixente Lei de Costas. Estase a poñer en almoeda a costa galega.
- “Ningunha empresa, por grande ou pequena que sexa terá máis privilexios que outras”. Isto non é certo: ¿por qué se axilizan entonces os trámites coa declaración de supramunicipalidade de Baroña e Quilmas para Stolt Sea Farm? ¿Por qué se quitan fora do Plan Sectorial?
- “Somos unha potencia na cría de rodaballo ou de lenguado”. ¿Interésalle a Galicia ser unha potencia nesta materia? Ou están enganándonos co caramelo dos fondos FEP/IFOP. A relación custo/beneficio considéroa moi desventaxosa para nós. Deixémonos de eslogans propios de sociedades acomplexadas.
- “…transparencia, reglas de xogos, igualdade, e crecemento económico e urbanístico ordeado…”. Isto non é certo (véxase o caso de Stolt). En canto ó ordeamento, están sendo as multinacionais quenes deciden dónde cando e cómo se instalan. Ós pes do Castro de Baroña, por exemplo, como pretende facer Stolt.
Por todo isto, Xosé Manuel, a miña máis enérxica protesta. Coido que non estades a defender o interés xeral de Galicia e os galegos, senón o dun puñado de multinacionais que non xeneran riqueza nesta terra.
Verémonos ca Xunta nas rúas e - se fai falla - nos tribunáis.
Baroña non se vende.
razzie awards 2008 escribiu:
razzie awards 2008…
scrives cropped…