Estouvos a falar dunha curta que se presentou ó Iº Concurso de Curtas na Rede, organizado polo Consello da Xuventude de Galicia e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.
Curriculum vitae recolle perfectamente a situación que viven a cotío moitos mozos e mozas no noso País. Sempre falando da xeneración mellor formada pero en múltiples ocasións sen a oportunidade de poder demostrar a súa capacidade e os seus coñecementos. Recoméndovos que vexades esta curta, xa que unha imaxe vale máis que mil palabras.
Ahh, e non esquezades que aínda non rematou o prazo para votar as curtas que se presentan a este certame, polo que vos animo a participar.


