O pasado mércores José Cuiña comparecía na Comisión de investigación sobre o Prestige e dende o mércores as augas no PPdeG volven a remover o caso do Prestige e os polvos que logo trouxeron os lodos que todos coñecemos.
Esta Comisión voltou a funcionar logo da sentencia do Tribunal Constitucional polo recurso presentado no seu día polo Grupo Parlamentario Socialista, por conculcación dos dereitos dos representantes do pobo. A sentencia recoñeceu as demandas dos grupos da oposición, e obligou ó Presidente do Parlamento a reabrir unha Comisión que él mesmo axudara a pechar.
Cuiña Crespo atribuiuse o deseño e a “autoría” intelectual do Plan de Dinamización e do Plan Galicia, fume e máis fume, que agora o Goberno de ZP tentará encher de contido, plazos e fondos para levar a cabo un impulso modernizador das nosas infraestructuras.
Dixo que Nuñez Feijóo chegou á Consellería e que se atopou co Plan deseñado e elaborado e tamén recoñeceu que existían discusións, debates, divisións, como xa se dixera no seu día, dentro do Consello da Xunta. Uns, Cuiña e Fraga segun afirma o primeiro deles, a favor de participar na manifestación do inolvidable 1 de Decembro, os outros, López Veiga e compañia a prol de defender ó goberno de Aznar a capa e espada. O resto da película é a coñecida, rebanaronlle a cabeza e Fraga executouno.
Ó día seguinte, onte, xoves, Manuel Fraga dicía que ” la gestión de Cuiña fue excelente”. “El hundimiento del ‘Prestige’ frente a las costas gallegas “fue capaz de desbordar las posibilidades” para afrontar la catástrofe que tenía el Gobierno gallego y éste “no siempre” estuvo “suficientemente” apoyado por el Ejecutivo central”. Fraga respalda a Cuiña e manda un puntapé a Aznar, que no fondo caelle de cheo a Rajoy, sí, o mesmo Señor que nos falou dos hilillos de plastilina durante o Prestige.
Aznar ofendido pídelle explicacións a Fraga Iribarne, a través dunha carta na que di que “no sale de su incredulidad”.
Di José María Aznar que, “La prensa de hoy trae una noticia que veo y no creo”. “Cuentan que en unas declaraciones efectuadas por usted ayer, una expresión suya fue interpretada como un reproche retrospectivo al Gobierno de la Nación, como si éste no hubiera hecho lo suficiente por Galicia en los días trágicos del hundimiento del buque “Prestige”.
“Por él( refírese a Rajoy), por usted mismo y por nuestro partido, creo que haría usted bien en no dejar que estas interpretaciones queden sin reparar. No por mí, que ya no me presentaré a unas elecciones, aunque también merezca algo de consideración”.
Parece que Fraga tardou máis de dous anos en recoñecer o que unha boa parte de galegas e galegos vimos no ano 2002, que Aznar e o seu goberno despreciaban a esta terra, a este pobo, e que non eran nin capaces de desprazarse ata aquí a ver o que ocorría.
Fraga axusta contas con Aznar.
Esta imaxe é unha máis, do cento delas, que permiten ver como se acaba o mandato dos populares en Galicia, Fraga tentando soltar o lastre de Aznar, o lastre de quen faga falta con tal de tentar salvarse. Pero é Tarde, toca cambio en Galicia, é preciso por hixiene democrática e pola necesidade dun goberno modernizador e progresista.

