Comisión Nacional de Accidentes Marítimos, independente

Onte a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, anunciou que a Comisión Nacional de Accidente Marítimos dependente ata o de agora da Dirección Xeral da Mariña Mercante pasará a ser un organismo independente.

Boa noticia a decisión tomada polo goberno socialista de Rodríguez Zapatero e que se verá plasmada a través dun Real Decreto.

Onte o PP volveu a traer á cámara autonómica o debate sobre o naufraxio do buque Cordero, a través dunha Interpelación, facendo unha utilización política das mortes nun accidente marítimo.

Nestos momentos existe unha investigación aberta por parte da Comisión de Accidentes Marítimos ó respecto do naufraxio do buque ‘Cordero’ e tamén por parte do Xulgado nº 2 da cidade de Ferrol para tratar de coñecer as causas que provocaron o afundimento.

Na miña intervención expresei unha vez máis o apoio do Grupo dos Socialistas de Galicia ós profesionais que traballan no Salvamento Marítimo e a nosa confianza no traballo dos gobernos de Galicia e España.

Penso que o PP non está actuando neste asunto nin con prudencia nin con lealdade, dende a lexítima e necesaria tarefa de oposición. Así, manifestei que o PP só busca o desgaste do Goberno de Touriño, xa que non se entende que formulen preguntas sobre o operativo e as causas do sinistro cando aínda non se rematou a investigación e non se pode dispoñer de tódolos datos e conclusións do sucedido.

Non sería máis razonable agardar a coñecer as conclusións e datos da investigación aberta, e despois facer o debate con críticas, si fóra necesario, e con propostas que axuden a mellorar a resposta ós sinistros no mar.

Non sería mellor que abrísemos un debate sereno e sosegado sobre as causas polas que se afunden os barcos? Penso que sería moito mellor que facer o que está facendo o PP : poñer mortos enriba da mesa para facer política.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>