Comezamos a campaña do Sí á Constitución Europea

Venres, hoxe ás 00:05 comezábamos a campaña a prol do SÍ cunha pegada simbólica na praza do concello de Ribeira, no Barbanza. Serán 15 días interesantes que deberán contribuír á que o conxunto de cidadáns teñan a suficiente información sobre o que se vai votar o vindeiro 20 de Febreiro.

Os socialistas defendemos o Sí á Constitución Europea como un Sí a Europa e a seguir construíndo unha comunidade política, económica e social que ten contribuído de xeito moi importante ó desenvolvemento de Galicia e de España.

Temos como obxectivo convencer ós cidadáns da importancia de participar no referéndum e tamén de transmitir unha idea central, ó Sí significa máis Europa mentres que o non suporá un retroceso no proceso de construción europea.

Europa non só nos ten aportado solidariedade a través dos fondos de cohesión e dos fondos estruturais senón que sobre todo nos ten aportado valores e principios cívicos, dereitos fundamentais e un compromiso por un espazo internacional de dereitos humanos.

Queremos seguir construíndo esta Europa complexa, imperfecta, esta Europa de máis de 450 millóns de habitantes, e onde tentamos de darnos unha norma fundamental que permita constitucionalizar unhas regras de xogo, unhas normas de convivencia, e un reforzamento do papel do espazo europeo no conxunto do mundo.

Unha Europa onde queda moito por avanzar, pero unha Unión Europea que nos permitirá os progresistas loitar por un modelo social europeo que se distingue pola protección social e polo chamado estado de benestar, tan denostado polos neoliberais.

Non é moi entendible que algúns digan que a Constitución ampara o neoliberalismo e que ten pouco contido social; é descoñecer o Tratado dicir iso. A mellor contestación esta na Declaración da Confederación Europea de Sindicatos, ou é que tampouco esta é de esquerdas? ¿Ou agora os sindicatos defenden o neoliberalismo ?

“Aunque vea defectos en el proceso de redacción de la Constitución y en el texto mismo, no haré patria de esos defectos y votaré a favor de sus virtudes. Y porque, sin despreciar a nadie, no sólo no me avergüenzo, sino que me siento orgulloso de ser europeo. Y porque creo en la esperanza.” , esto decíao Suso de Toro, o pasado 10 de decembro de 2004 no diario “El País”, suscriboo plenamente.

Por un Sí de esperanza e por unha Europa social de presente e futuro.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>