Onte dou comezo a campaña marisqueira na ría de Noia. Máis de 1600 persoas adicadas á extracción de berberecho e ameixa, unha actividade que é a principal fonte de ingresos de Noia e un dos principais soportes económicos da nosa comarca.
Falar da ría de Noia é falar dunha inmensa riqueza en termos marisqueiros, ambientais, paisaxísticos … falar de Noia é falar do mar e por iso a aposta que temos os socialistas está dirixida a recuperar o mar na vida do pobo, a potenciar a actividade económica relacionada coa nosa ría, …. abrir a vila de Noia ó mar …. e facer da ría o mellor espello da alma dun pobo con historia pero sobre todo con futuro.


