Clinton no congreso do Labour Party

Bill Clinton

Onte Bill Clinton, ex-presidente dos Estados Unidos, facía unha serie de reflexións no congreso dos laboristas británicos que creo que merecen a pena traer a este recuncho do meu blog.

Destacaría dous fragmentos do seu discurso, primeiro un, que viña ó fío da batalla interna no seo do Labour Party, e que ten como protagonistas a Tony Blair e o seu posible sucesor e actual Ministro do Exchequer, Gordon Brown.

Clinton recomendoulle a Brown que non fixera o mesmo que Al Gore cando foi candidato á Casa Blanca: “non cometas o mesmo erro que Al Gore, que por medo a embarrarse no fango moral do caso Lewinsky desmarcouse dunha administración popular cun récord económico excelente”.

E o segundo dirixido a George Bush, sobre a situación política mundial, que foi moi ben recibido pola militancia laborista crítica coa guerra de Irak: “Dado que non podemos matar, encarcelar ou ocupar a todos os nosos enemigos, non sería mala idea adicar máis tempo e diñeiro a facer amigos, aliviar a pobreza, combatir a enfermidade i escolarizar ós nenos”.

Se tendes interese en coñecer a intervención integra de Bill Clinton na Labour Conference 2006 podedes acceder a ela pinchando aquí.



3 comentarios para “Clinton no congreso do Labour Party”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>